Cámara de Faraday

O nome de cámara de Faraday ou gaiola de Faraday procede do físico e inventor norteamericano Michael Faraday.

Entrada a unha cámara de Faraday.

A presenza da gaiola de Faraday provoca que o campo electromagnético dentro dun condutor en equilibrio estático sexa nulo, evitando así os efectos dos campos electromagnéticos externos e internos, é dicir, illando o interior do exterior. Isto prodúcese debido a que os electróns móvense cunha forza tal que:

Na que e é a carga do eléctrón, e E é a forza do campo electromagnético externo, polo que o resultado é un campo oposto que anule o externo, como se dixo anteriormente.

O efecto da gaiola de Faraday ponse de manifesto na vida cotiá e explica por que non funcionan os teléfonos móbiles nos ascensores ou por que cando un raio cae nun coche, os ocupantes non sofren danos por electrocución.

Durante as décadas de 1980 e 1990, a gaiola de Faraday tivo especial importancia na protección das transmisións e informacións privilexiadas entre as grandes empresas.

Véxase tamén editar