Buxantes, Dumbría
San Pedro de Buxantes[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Dumbría. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2024 tiña 500 habitantes (239 homes e 261 mulleres), 37 menos ca en 2018 (279 mulleres e 258 homes nese ano segundo o Instituto Galego de Estatística) e 242 menos ca en 1999. Ten 18 entidades de poboación.
Buxantes | |
---|---|
![]() | |
Concello | Dumbría[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°58′26″N 9°07′04″O / 42.973846, -9.117883 |
Área | 29,88 km² |
Poboación | 500 hab. (2024) |
Densidade | 16,73 hab./km² |
Entidades de poboación | 18[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo Buxantes derivación do termo vixiantes.[2] Aparece, por primeira vez nun documento do ano 1152, no que Afonso VII lle fai doazón ao mosteiro de Moraime do coto e reguengo de San Pedro de Vigiantes, con tódalas súas pertenzas.[3]
Dende os montes de Buxantes divísase toda a ría de Corcubión. Dende o alto de Miñóns vese desde Lira ata Fisterra, e era o lugar idóneo para apostar vixiantes que se encargaban de alertar as poboacións costeiras, mediante fogatas, da incursión dalgún barco sospeitoso, sobre todo viquingos ou normandos que asolaron Galicia entre os séculos IX e XII.
Historia
editarEn 1152, o emperador Afonso VII xunto cos seus fillos Sancho e Fernando, doa ao mosteiro moraimés, sendo abade D. Juan, a igrexa de S. Pedro de Vigiantes (Buxantes) co seu couto “e con todo o seu realengo, que me pertence, a saber, según empeza na ribeira de Ésar (Ézaro) e de alí polo retamar de San Clemente (San Cremenzo) e polo monte da Cruz e de alí pola división entre Verenes (Brens) e por Castro Trevedo e polo camiño da isla Peladoria e de alí pola Mullermorta até a pena de Lebor e de alí por riba de Pedralonga e remata pola mesma Pedralonga até a ribeira do Ésar (Ézaro) onde se comezou o primeiro (…). Feito este documento en Toledo, en 1152, 20 de maio”.[2]
Patrimonio
editar- Igrexa de San Pedro de Buxantes
- Capela de Nosa Señora das Neves, no lugar da Fontesanta, preto de Figueiroa, de finais do século XV, xunto ao Camiño de Fisterra-Muxía
- Pedra Cabalgada.
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de San Pedro de Buxantes.
-
Igrexa de San Pedro de Buxantes.
-
Ermida das Neves
-
Pedra Cabalgada
Lugares e parroquias
editarLugares de Buxantes
editarLugares da parroquia de Buxantes no concello de Dumbría (A Coruña) | |
---|---|
Anseán | O Brazal | Busto | A Carballa | O Carboal | A Casanova | Castro | Cerván | Figueiroa | A Filgueira | A Fontesanta | A Grixa | Martín | Miñóns | A Pelexa | As Teixoeiras | Vilar | Vilar de Paraíso | Xestosa |
Parroquias de Dumbría
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ 2,0 2,1 Benlloch del Río, José Enrique (2012). "Acotacións históricas de Moraime" (PDF). Nalgures VIII: 9–43.
- ↑ Benlloch del Río, José Enrique; Velo Pensado, Ismael (2015). "La documentación medieval del priorato de Moraime (I)" (PDF). Nalgures XI: 30–32.