Bustelo, Santa María de Traseirexa, Vilardevós

lugar da parroquia de Santa María de Traseirexa, no concello de Vilardevós

Bustelo é unha localidade da parroquia de Santa María de Traseirexa, no concello ourensán de Vilardevós. Segundo o IGE, en 2018 tiña 39 habitantes, 22 homes e 17 mulleres, o que supón que a poboación diminuíu considerablemente con respecto o ano 2009 que tiña 52 habitantes. O xentilicio é bustelenses.

Bustelo
ParroquiaSanta María de Traseirexa
ConcelloVilardevós
Coordenadas41°54′21″N 7°21′33″O / 41.905869444444, -7.3591444444444
Poboación39 hab. (2018)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Bustelo é unha aldea que pola súa parte sur linda con Villardecervos e polo norte coa Devesa. Tamén linda coas aldeas: A Moimenta, Traseirexa e A Veiga das Meás. Ademais a localidade está rodeada por dous regatos. Por un lado está o Regato do Hospital que desemboca no Regueiro das Quintas que é o que máis lonxitude ten dos dous. Este último ten a súa desembocadura no río Ábedes que á súa vez remata no Río Támega.

Topónimo

editar

No ano 931 aparece co nome de Bustillo e Bustello. Sería no ano 1474 cando aparece como anexo a Vilardevós. O topónimo de Bustelo ven da palabra latina bustu con significado de túmulo, resto funerario. Unha voz parecida a esta é bosta. Ambas as dúas poderían proceder de bos que significa boi, polo que o diminutivo Bustelo sería un lugar onde pastan os bois.[1]

Poboación

editar

A densidade de poboación de Bustelo é moi baixa. A maioría dos habitantes pasan dos cincuenta anos, en concreto un 75%. Só un 25% están por debaixo desa idade, non habendo ningunha persoa de menos de 10 anos de idade. Sendo un total de 36 habitantes un 61% de homes e un 39% de mulleres, as cales todas pasan dos cincuenta anos. Polo que a natalidade é nula e a mortalidade alta.

Economía

editar

As Bodegas Martín Códax apostaron pola calidade dos viños de Monterrei establecéndose con 100 hectáreas de viñedo no municipio de Vilardevós. A plantación está na localidade de Bustelo. Os responsables da bodega fixéronse co terreo a través do Banco de Terras de Galicia. A viña é a máis grande en superficie da zona.[2]

Festas

editar
  • Corpus: Celébrase no mes de xuño. O día que ten lugar depende do ano xa que cada ano cadra distinto.
  • Santa Cristina: É a festividade máis importante da aldea xa que se trata da patroa de Bustelo. Esta festa é o 24 de xullo, sendo día festivo en toda a localidade.
  • Asunción da Virxe: Este día é festivo en toda a parroquia debido a que é a patroa da mesma. Esta celebración é o 15 de agosto sendo tamén festivo nacional.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Santa María de Traseirexa

editar
Lugares da parroquia de Santa María de Traseirexa no concello de Vilardevós (Ourense)

Bustelo | Dona Elvira | A Fraira | A Moimenta | Santa María | Traseirexa

Parroquias de Vilardevós

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilardevós

Arzádegos (Santa Baia) | Berrande (San Bartolomeu) | Enxames (San Xoán) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | Moialde (Santa María) | Osoño (San Pedro) | Santa María de Traseirexa (Santa María) | Soutochao (Santa María) | Terroso (Santa Cruz) | Vilar de Cervos (San Vicente) | Vilardevós (San Miguel) | Vilarello da Cota (Santa María)


  1. "Páxina web do concello de Vilardevós - Inicio". www.vilardevos.info. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2018. Consultado o 2019-04-28. 
  2. "Martín Códax apuesta con 100 hectáreas de viñedo por la Denominación Monterrei". La Región (en castelán). 14/4/2012. 


Bibliografía

editar

Concello de Vilardevós. (17/04/2019). Pirámide de idades.