Busgoso

criatura mitolóxica ástur-galaica
(Redirección desde «Busgosu»)

O busgoso,[1] tamén chamado busgosu ou musgosu é unha criatura dos bosques nas mitoloxía asturiana e cántabra, cuxa aparencia, metade home metade cabra (ou carneiro), lembra ó deus grego Pan, ou ao romano Fauno.

É bípede, e ten cornos, torso veludo e espesa cabeleira; as patas son de cabra, mentres que o torso e os brazos, do mesmo xeito que o seu rostro, presentan trazos humanos. Porén, outras representacións amosan a súa aparencia máis próxima a un trasgo, resaltando as súas orellas puntiagudas máis que os seus cornos, aínda que aínda conservando os seus trazos e atributos caprinos, nestes casos represéntase vestindo traxe e chapeu verdes.

Existen dous mitos, un na zona oriental da cordilleira Cantábrica, que se asemella máis ó mesmo mito cántabro, é dicir, onde o Musgosu é benefactor e guía ós pastores cando se perden, ou axuda a arranxar as cabanas das brañas. O outro mito, máis estendido no occidente de Asturias, di que o Busgosu é o señor do bosque e de todo o que habita nel. É inimigo encarnizado dos leñadores e cazadores, e o seu bico causa a tuberculose, demacrando ás súas vítimas e levándoas a unha cruel e lenta morte. Pola contra axuda aos pastores perdidos e a aqueles que non lle fan mal ó bosque, normalmente axudándoos a saír del cando se perden.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar