Buru
Buru é unha illa indonesia pertencente ás Molucas, situada ao oeste de Ceram e Ambón. Na súa costa nororiental atópase a súa cidade e porto principal, Namlea.
Buru | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Arquipélago | Molucas |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 3°24′S 126°40′L / -3.400, -126.667 |
Xeografía | |
Superficie | 9.505 km² |
Punto máis alto | 2729 m. Gunung Kaplamada |
Demografía | |
Capital | Namlea |
Poboación | 161.828 (2010) |
Densidade | 17 hab./km² |
Xeografía
editarCon 9.505 km², Buru é a terceira illa máis grande das Illas Molucas. O centro da illa é montañoso, cunha plana chaira costeira, onde viven un oitenta por cento dos seus 124.084 habitantes (2003). O punto máis alto é o Gunung Kaplamada en 2729 m.
Historia
editarAntes da colonización holandesa, Buru estaba dentro do reino de Ternate. A illa foi ocupada pola Compañía Holandesa das Indias Orientais (COV) en 1658. Os colonos trasladaron pola forza a gran parte da poboación dos seus pobos do interior á chaira costeira, onde poderían estar máis estreitamente controlados. No século XIX, o control do goberno pasa da COV aós oficiais holandeses, os neerlandeses nomean líderes indíxenas, chamados raja en Buru, para administrar a illa para eles.
Buru converteuse nunha parte de Indonesia logo da independencia da nación en 1950. Durante a administración do presidente Suharto (1965-1998), a illa foi o lugar de explotación de campos de prisioneiros supostamente comunistas e outros disidentes. En 1977, ao redor de catorce mil prisioneiros residian na illa. O máis famoso dos internos foi o autor Pramoedya Ananta Toer. Sen lapis nin papel, compuxo as historias que se converteron no seu Cuarteto de Buru, contándoas verbalmente aos outros prisioneiros.
Como o resto das pertencentes ás Molucas, esta illa pertence ao área da Liña de Wallace, de grande interese científico pola súa rica biodiversidade dacabalo entre o Sueste asiático e Oceanía. Nela viviu unha subespecie da Lechuza de Campanario de Tanimbar, que se cre extinta na actualidade.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Buru |