Building Safer Communities. Risk Governance, Spatial Planning and Responses to Natural Hazards

Building Safer Communities. Risk Governance, Spatial Planning and Responses to Natural Hazards é un libro editado por Urbano Fra Paleo en 2009 e publicado por IOS Press.

Contidos editar

Este texto trata sobre os principios conceptuais da gobernanza do risco, cuxa posta en práctica podería mitigar as crecentes perdas causadas por un risco natural. Promove a adopción de enfoques proactivos e preventivos nas políticas públicas, particularmente a través do urbanismo e a ordenación do territorio, influíndo sobre a ocupación das áreas de perigo.

O libro é unha introdución á formulación e aplicación a nivel estratéxico de políticas que afronten o risco, como un avance na integración das políticas actuais, incluíndo a xestión de emerxencias e a protección civil, a xestión ambiental, o desenvolvemento local ou a ordenación do territorio.

Os autores estudan e propoñen solucións que revisan as diferentes estratexias integradas dos distintos niveis da administración e toman en consideración:

  • O papel central do concello na planificación da mitigación.
  • A integración da mitigación nos obxectivos sociais, económicos e ambientais.
  • A implicación de tódolos actores na planificación da mitigación.
  • Evitar a perturbación das funcións ambientais.
  • A necesidade de integrar a normativa dos niveis superiores da administración coa planificación cooperativa, para asegurar tanto a participación dos concellos como que o planeamento sexa sustentable.
  • Cómpre mellorar os procesos participativos de toma de decisións para diferenciar entre clases e aplicacións, e responder efectivamente na xestión do risco.
  • A percepción social do risco e a resposta debe ser unha parte integrante do proceso de planificación.
  • Os procesos de exposición individual e colectiva aos perigos naturais deben ser comprendidos para previr unha exposición futura,
  • Cómpre integrar o principio de precaución na xestión do risco, aínda que sometido a unha regulación comprensible, de modo que permita a toma de decisións.
  • A gobernanza do risco urbano só pode entenderse no marco dos sistemas rexionais e biofísicos.
  • A avaliación de impacto social é unha ferramenta que permite identificar de mellor modo as dimensións sociais do risco.
  • A planificación debe ser considerada máis como un proceso ca un resultado.
  • A recuperación posdesastre e a rehabilitación son unha oportunidade para a mitigación e a mellora dos asentamentos de poboación e das áreas urbanas.[1][2]

Urbano Fra Paleo é xeógrafo e Profesor Titular en Xeografía Humana, actualmente na Universidade de Santiago de Compostela. Foi investigador en The Environment Institute de University of Denver, e US Geological Survey en Denver e Hawai.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar