Buda az sharm foru rikht

filme de 2007 dirixido por Hana Makhmalbaf

Buda az sharm foru rikht (en persa: بودا از شرم فرو ریخت) é un filme iraniano de 2007 dirixido por Hana Makhmalbaf.[1] O título do filme provén do libro The Buddha Was Not Demolished in Afghanistan, It Collapsed Out of Shame, escrito polo seu pai, Mohsen Makhmalbaf. O filme ten lugar no moderno Afganistán despois da derrota dos talibáns e conta a historia dunha nena afgá de cinco anos que quere asistir a unha escola acabada de abrir. A nena, chamada Bakhtay (Nikbakht Noruz) vive nas covas debaixo dos restos dos Budas de Bamiyán que foron destruídos polos talibáns en 2001. Bakhtay obsesiónase coa idea de asistir á escola mais debe loitar contra unha sociedade influenciada polo estrito control talibán, pola dominación masculina, pola guerra, pobreza e pola violencia.[1]

Buda az sharm foru rikht
Ficha técnica
Título orixinalبودا از شرم فرو ریخت
DirectorHana Makhmalbaf
ProdutorMaysam Makhmalbaf
GuiónMarzieh Makhmalbaf
IntérpretesAbbas Alijome
Abdolali Hoseinali
Nikbakht Noruz
MúsicaTolibhon Shakhidi
FotografíaOstad Ali
MontaxeMastaneh Mohajer
EstreaFestival de Toronto: 9 de setembro de 2007
Orixe Irán
Na rede
IMDB: tt1094627 Filmaffinity: 477329 Allocine: 132090 Allmovie: v416253 TCM: 685074 Editar o valor em Wikidata

Personaxes editar

  • Abdolali Hoseinali como Talib boy
  • Abbas Alijome como Abbas
  • Nikbakht Noruz como Bakhtay

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Lidia Louk, "Movie Review: 'Buddha Collapsed out of Shame'" Arquivado 08 de outubro de 2012 en Wayback Machine., Epoch Times, 25 de setembro de 2007

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar