Bruno Martins Indi
Rolando Maximiliano Martins Indi, nado en Barreiro o 8 de febreiro de 1992, máis coñecido como Bruno Martins Indi, é un futbolista portugués nacionalizado neerlandés e de pais de Guinea-Bissau que xoga como defensa central en Stoke City da Football League Championship de Inglaterra.
(2014) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (nl) Rolando Maximiliano Martins Indi 8 de febreiro de 1992 (32 anos) Barreiro, Portugal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Bruno Martins Indi | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Islam | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 187 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 19 de agosto de 2010 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Países Baixos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | brunomartinsindi.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarFeyenoord
editarMartins Indi uniuse ó primeiro equipo do Feyenoord logo de graduarse da academia de devandito club a comezos da tempada 2010-11.[1] Fixo o seu debut profesional co Feyenoord o 19 de agosto de 2010, cando foi titular nun partido pola Europa League como local fronte ó Gent.[2] Tres días despois debutou na liga no empate 1-1 ante o Heracles Almelo.[3] O 12 de setembro de 2010, Martins Indi recibiu un cartón vermello por primeira vez na súa carreira durante o tempo engadido na derrota 2-0 fronte ó NAC Breda. O 24 de outubro de 2010, Martins Indi foi parte da defensa xunto con André Bahia, Tim de Cler, e Stefan de Vrij logo de ingresar por Ruben Schaken no minuto 35 na derrota máis grande na historia do Feyenoord: 10–0 fronte ó PSV. O 31 de outubro de 2010, Martins Indi obtivo a súa primeira asistencia cando Luc Castaignos anotou o empate 1-1 nun partido contra o AZ Alkmaar, partido que o Feyenoord terminaría perdendo 2-1. O 17 de abril de 2011, Martins Indi anotou o seu primeiro gol como profesional na liga na goleada 6-1 sobre o Willem II. Foi eloxiado pola súa actuación xunto a Ryo Miyaichi e Georginio Wijnaldum.[4]
Na tempada 2011-12, Martins Indi converteuse nun titular regular baixo o novo adestrador do Feyenoord, Ronald Koeman. O 22 de outubro de 2011, Martins Indi anotou o seu primeiro gol da tempada na derrota 2-1 ante o VVV-Veno. O 22 de febreiro de 2012, Martins Indi asinou un novo contrato co Feyenoord até o ano 2016.[5]
Porto
editarMartins Indi uniuse ó primeiro equipo do Porto de Portugal o 15 de xullo de 2014; equipo que adquiriu os seus dereitos deportivos por 7,7 millóns de euros.[6]
Notas
editar- ↑ "Martins Indi geniet van eerste dagen bij selectie". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2012. Consultado o 31 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Feyenoord – AA Gent (19-08-2010)". Arquivado dende o orixinal o 12-01-2013. Consultado o 31-01-2019.
- ↑ "Heracles Almelo – Feyenoord (22-08-2010)". Arquivado dende o orixinal o 23-02-2013. Consultado o 31-01-2019.
- ↑ "Bruno Martins Indi – A bright defensive prospect for Feyenoord". Imscouting. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2012. Consultado o 31 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Martins Indi agrees new deal". Sky Sports.
- ↑ "OFICIAL: Bruno Martins Indi no FC Porto por 7,7 milhões". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2019.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bruno Martins Indi |