Bruce Schneier

Bruce Schneier, nado en Nova York o 15 de xaneiro do 1963, é un criptógrafo, experto en seguridade informática, e escritor. É o autor de diversos libros de seguridade informática e criptografía, e o fundador e oficial xefe tecnolóxico de Counterpane Internet Security.

Bruce Schneier
Bruce Schneier 1.jpg
Nacemento15 de xaneiro de 1963
Lugar de nacementoNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Rochester, American University e Hunter College High School
Ocupacióncriptógrafo, matemático, informático teórico, escritor e físico
Coñecido porLiars and Outliers, Click Here to Kill Everybody e Beyond Fear: Thinking Sensibly About Security in an Uncertain World
PremiosEFF Pioneer Award e Prêmio Norbert Wiener de Responsabilidade Social e Profissional
Na rede
https://www.schneier.com/
IMDB: nm4449979 Facebook: bruce.schneier Twitter: schneierblog TED: bruce_schneier Editar o valor em Wikidata
Bruce Schneier-signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Scheneier vive actualmente en Minneapolis, Minnesota coa súa esposa Karen Cooper. Schneier ten unha licenciatura en enxeñaría informática da Universidade Americana[1] e unha diplomatura en Ciencias Físicas da Universidade de Rochester.[1] Antes, traballaba no Departamento de Defensa dos Estados Unidos e logo nos Laboratorios Bell.

A Criptografía Aplicada de Schneier é unha popular e respectada referencia de traballo para a criptografía. Schneier deseñou e codeseñou varios algoritmos criptográficos, incluíndo o Blowfish, Twofish e o Cifrado por bloques MacGuffin, Yarrow e o xerador de números pseudo-aleatorios Fortuna. Solitario é un algoritmo criptográfico desenvolvido por Schneier para que sexa usado por xente sen acceso a ordenadores, chamado Pontifex na novela Criptonomicón de Neal Stephenson .

Con todo, Schneier denuncia o seu temperán éxito como unha visión simplista, matemática torre de marfil do que é inherentemente un problema da xente. A Criptografía Aplicada toma como premisa que a tecnoloxía e os algoritmos poden prometer seguridade para os secretos. Schneier argumenta que as garantías matemáticas sen controversia (como por exemplo, independentemente do comportamento dos demais, mentres eu siga o protocolo, o protocolo garantirá a miña seguridade) están realmente próximas ao obxectivo.

PublicaciónsEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Don Krysakowski, ed. (1997). International Banking & Information Security Conference: 1997. DIANE Publishing. ISBN 9780788171536. Schneier has an M.S. in Computer Science from American University and a B.S. in Physics from the University of Rochester 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar