O brie é unha familia de queixos fabricados na rexión de Brie en Francia con leite de vaca. Trátase dun queixo redondo, de casca branca e lisa. Ten un sabor delicado. Para estar en boas condicións debe estar mol, mais sen escoar.

Queixo brie.

Existen os seguintes tipos deste queixo:

  • Brie de Meaux (AOC).
  • Brie de Melun (AOC).
  • Brie de Coulommiers
  • Brie de Nangis.
  • Brie de Montereau.
  • Brie noir.
  • Brie fermier.
  • Brie de Melun bleu.
  • Brie petit moulé.
  • Brie laitier.

 
 Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.