Brazil é un filme británico-estadounidense dirixido por Terry Gilliam que se estreou no ano 1985. Está protagonizado por Jonathan Pryce e Robert De Niro, e obtivo dous nomeamentos ós Premios Óscar, á mellor dirección artística e ó mellor guión orixinal.

Brazil
Ficha técnica
Título orixinalBrazil
DirectorTerry Gilliam
ProdutorArnon Milchan
GuiónTerry Gilliam
Tom Stoppard
Charles McKeown
IntérpretesJonathan Pryce
Robert De Niro
Katherine Helmond
Ian Holm
Bob Hoskins
Michael Palin
Ian Richardson
Peter Vaughan
Kim Greist
MúsicaMichael Kamen
FotografíaRoger Pratt
MontaxeJulian Doyle
EstudioEmbassy International Pictures[1]
Brazil Productions[2][3][4]
Distribuidora20th Century Fox (Int.)[2]
Universal Pictures (USA)
Estrea 22 de febreiro de 1985
18 de decembro de 1985
Duración142 minutos[5]
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos[6]
XéneroComedia
Orzamento$15 000 000[7]
Recadación$9 900 000 (América do Norte)[8]
Na rede
IMDB: tt0088846 Filmaffinity: 260393 Allocine: 142 Rottentomatoes: m/1003033-brazil Mojo: brazil Allmovie: v6977 TCM: 23430 Metacritic: movie/brazil TV.com: movies/brazil-1985 Netlix: 329815Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Sam Lowry (Jonathan Pryce) é un tecnócrata eficiente pero soñador cun posto de terceira categoría dentro da xigantesca máquina burocrática que move (ou paraliza) a unha antiutopía opresiva, inhumana, afundida pola ineficiencia e ameazada polo terrorismo.

Un erro no apelido debido a unha mosca caída na testa dun teletipo, provoca a detención errónea dun inocente, de consecuencias fatais para este. Como oficialmente non existen erros no sistema burocrático, ninguén quere facerse cargo do papelorio agás o benintencionado Lowry. Durante a súa visita á familia do falecido ten un encontro casual coa súa veciña, á que recoñece como a muller dos seus soños. Pero ela foxe.

O descubrimento fai que, para poder obter información sobre ela, Sam sométese ós desexos da súa nai, unha narcisista recalcitrante e moi ben relacionada obsesionada con darlle unha carreira ó fillo. Así, Lowry comeza a súa escalada ás altas esferas a pesar da súa natureza escrupulosa e pouco ambiciosa.

Tanto a súa implicación no erro burocrático do principio, como a súa obsesión pola muller e os seus contactos cun fontaneiro clandestino complican a vida a Lowry ata o punto de que pasa a ser considerado unha ameaza para o sistema. Mentres, a pesar de moitas dificultades, é quen de acadar o amor da súa rapaza soñada.

Finalmente o Sistema, implacable, faise cargo de Sam Lowry e destrúeo mediante a tortura. Pero Lowry obtén refuxio na tolemia.

Personaxes editar

Influencias editar

O director, Terry Gilliam referiuse a esta película como a segunda dunha triloxía formada por Os bandidos do tempo (1981) e As aventuras do Barón Munchausen (1989). As tres películas teñen como tema común a loita pola imaxinación e a liberdade de pensamento nun mundo que se opón ás devanditas ideas.

Esta película contén numerosos temas complexos e sutís aderezados cunha mestura de humor cruel e ideas que dificultan un seguimento lineal da trama pero que contribúen a crear un filme rico que pode ser visto en varias ocasións. A película posúe unha importante riqueza visual presentando unha visión infrecuente do futuro e con imaxes oníricas que admiten diferentes interpretacións.

Tamén contén numerosas referencias á serie de televisión británica dos anos sesenta The Prisoner e á novela de George Orwell 1984.

Na súa estrea a película tivo importantes dificultades en recadación. Con todo, permanece como unha película de culto entre os fans de Gilliam. A edición en VHS da cinta é unha versión máis curta de 131 minutos. A edición en DVD é a mesma que a película orixinal.

Notas editar

  1. McAuley, Paul (2004). Brazil. Palgrave Macmillan. ISBN 1844577953. 
  2. 2,0 2,1 Pym, John (1985). "Brazil". Monthly Film Bulletin (British Film Institute) 52 (612): 107–108. .
  3. Hunter, I.Q. (2002). British Science Fiction Cinema. Routledge. p. 182. ISBN 1134702779. .
  4. Hunter, I.Q. (2002). British Science Fiction Cinema. Routledge. p. 206. ISBN 1134702779. .
  5. "Brazil". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2015. Consultado o 20 de xaneiro de 2015. 
  6. "Brazil (1985)". Londres: British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2015. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  7. "BFI Screenonline: Brazil (1985)". Screenonline. Consultado o 20 de xaneiro de 2015. 
  8. "Brazil (1985)". Box Office Mojo. Consultado o 20 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar