Braquiópodos

filo do reino animal
(Redirección desde «Braquiópodo»)
Braquiópodos
Rango fósil: cámbrico - actualidade

Terebratella sanguinea, un dos poucos braquiópodos actuais
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Lophotrochozoa
Filo: Brachiopoda
Duméril, 1806
Clases tradicionais

Os braquiópodos (Brachiopoda, do grego βραχίων brachíōn, "brazo" e πούς, ποδός poús, podós, "pé", que podemos traducir como "pé en forma de brazo")[1] son un filo de animais pertencentes o clado dos lofoforados. Aínda que se describiron máis de 12.000 especies fósiles, só existen unhas 300 especies actuais.[2]

Apareceren no rexistro fósil desde o cámbrico inferior.[3]

Os son animais mariños celomados, protóstomos, bilaterais que posúen un lofóforo e o seu corpo está contido nunha cuncha bivalva (diferente ás que teñen os moluscos lamelibranquios). Son animais de vida sedentaria que viven fixos ao substrato.

Características editar

As principais características do grupo dos braquiópodos pódense resumir nos seguintes puntos:

  1. Son animais que posúen unha cuncha bivalva segregada polo manto.
  2. Teñen un lófoforo formado por tentáculos ciliados que orixina sucos que levan o alimento á boca.
  3. O celoma está formado por tres compartimentos: protocele, mesocele e metacele.
  4. As gónadas, normalmente 4 parellas, son sinxelas formadas a partir das células peritoneais.
  5. Os animais están ancorados ao substrato por medio dun pedúnculo.
  6. A excreción realízase mediante un ou dous pares de metanefridios
  7. O aparato circulatorio e aberto, contendo unha bolsa cardíaca pulsátil.
  8. O desenvolvemento embrionario comeza por unha segmentación radial e holoblástica.

Anatomía editar

 
Morfoloxía dun braquiópodo.
 
Spiriferina rostrata.

Os braquiópodos presentan as seguintes características anatómicas:

  • O sistema nervioso non está moi ben desenvolvido. Algúns semellan telo no interior da epiderme e outros baixo ela. Consta dun anel nervioso periesofáxico conectado ao ganglio subesofáxico, do que saen nervios cara ao manto, e co supraesofáxico, do que saen os nervios que percorren os lofóforos.
  • O sistema circulatorio posúe dous líquidos que interveñen na circulación: o sangue e o líquido do celoma. O sangue contén hemeritrina que é un pigmento respiratorio que axuda a recoller e liberar osíxeno. O líquido do celoma circula grazas a acción duns cilios e flaxelos situados no peritoneo. Existe unha vesícula pulsátil que latexa lentamente e que está no vaso medio dorsal. Este vaso se divide en ramas que chegan ata cada tentáculo.
  • O aparato dixestivo é máis ben sinxelo, comezando na boca á que chegan as partículas de alimento englobadas nun mucus. O alimento continúa polo esófago e mediante movementos peristálticos chega ao estómago, que ten sobre a súa parede un fígado. A continuación hai un intestino delgado que remata nun cego ou ás veces nun ano.
  • O aparato excretor formado por nefridios do tipo metanefridio, que fan tamén o papel de gonodutos . Os nefrostosmas están suxeitos ao tubo dixestivo e a parte tubular do nefridio remata nun nefridióporo.
  • Teñen músculos adutores que están unidos a ambas cunchas e que serven para pechalas. Para abrir a cuncha interveñen os músculos abdutores. Tamén existe uns músculos pedunculares (dorsal e ventral) que serven para inclinar a cuncha respecto do pedúnculo.

Reprodución editar

Estes animais son xeralmente dioicos, formándose os gametos a partir do peritoneo en 4 pares de gónadas. Os gametos son expulsados polos nefridios ao exterior producíndose a incubación no mar ou en ocasións na cavidade paleal, no nefridio ou incluso no lofóforo.

Clasificación editar

A clasificación tradicional dos braquiópodos subdivídeos en dúas clases:

  • Articulados. As valvas están unidas entre si por dentes e fosiñas. O pedúnculo carece de musculatura e de cavidade celomática.
  • Inarticulados. Carecen de dentes e fosiñas nas valvas. Cando existe pedúnculo, é musculoso e está irrigado pola cavidade celomática.

Notas editar

  1. Brachiopoda en MyEtymology.
  2. Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005).
  3. Ushatinskaya, G. T. (2008). "Origin and dispersal of the earliest brachiopods". Paleontological Journal 42 (8): 776–791. doi:10.1134/S0031030108080029. .

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª edición. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar