Brandon Bass

baloncestista estadounidense

Brandon Sam Bass, nado o 30 de abril de 1985 en Baton Rouge, Luisiana, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que milita nos Liaoning Flying Leopards da Chinese Basketball Association (CBA).

Brandon Bass
Liaoning Flying Leopards  – No. 30
Información persoal
Nacemento 30 de abril de 1985 (38 anos)
Baton Rouge, EUA
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Instituto Capitol, Baton Rouge
Universidade LSU (2003–2005)
NBA Draft 2005 / Rolda: 2 / Elección: 33
Por New Orleans Hornets
Carreira 2005−presente
Historial de equipos
New Orleans/Oklahoma City Hornets (2005–2007)
Tulsa 66ers (2006)
Dallas Mavericks (2007–2009)
Orlando Magic (2009–2011)
Boston Celtics (2011–2015)
Los Angeles Lakers (2015–2016)
Los Angeles Clippers (2016–2017)
Liaoning Flying Leopards (2017–presente)

Traxectoria editar

Os seus anos universitarios pasounos na Universidade de Louisiana, antes de ser elixido no 33º posto da segunda rolda do Draft de 2005 polos New Orleans Hornets. En 2005 foi nomeado mellor xogador da Southeastern Conference, defendendo a camiseta dos Tigers.

Na súa primeira tempada na NBA fixo 2 puntos e 2 rebotes de media en 21 partidos, 3 deles coma titular. En 2007 asinou coma axente libre polos Dallas Mavericks, cun contrato de 1,59 millóns de dólares.[1] O 10 de xullo de 2009 fichou polos Orlando Magic por 4 anos e 18 millóns de dólares.[2]

O 9 de decembro de 2011, Bass foi traspasado aos Boston Celtics a cambio de Glen Davis.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar