Brámidos

(Redirección desde «Bramidae»)

Os Brámidos (Bramidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde Perciformes. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

Castañeta

A súa pesca ten importancia comercial, como no caso da castañeta (Brama brama).

Características editar

Son peixes de corpo oval, alto e comprimido, con escamas ben aparentes e liña lateral presente. Nalgunhas especies a aleta dorsal pode estenderse ó longo de todo o corpo, e presenta unha parte anterior elevada, triangular, e unha posterior baixa, alargada. Aletas dorsal e anal sen radios espiñosos; pectorais longas e falciformes; caudal fortemente bifurcada. Os talles máximos descritos son de 85 cm de lonxitude, no caso de Taractichthys longipinnis.

Clasificación editar

 
Pteraclis carolinus

Comprende oito xéneros e unhas 21 especies, segundo ITIS, e 6 xéneros e 18 especies segundo FishBase:

  • Xénero Brama
  • Xénero Collybus
  • Xénero Eumegistus
  • Xénero Pteraclis
  • Xénero Pterycombus
  • Xénero Taractes
  • Xénero Taractichthys
  • Xénero Xenobrama

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar