Bructeri

pobo xermánico
(Redirección desde «Brúcteros»)

Os Bructeri (chamados así en latín; en grego: Βρούκτεροι, Broukteroi, ou Βουσάκτεροι, Bousakteroi) foron un pobo xermánico localizado no noroeste da actual Alemaña, entre os ríos Lippe (Luppia en latín) e Ems (Amasia ou Amisia) ao sur do Bosque de Teutoburgo, hoxe no norte da actual Renania do Norte-Westfalia, entre os anos 100 a.C. e 350.

Mapa dos pobos xermánicos polo 50-100

Participaron na loita contra os romanos - Druso no 12 a.C. e formaron parte dunha alianza cos Cherusci, marsos, catos, sicambrios e caucos, baixo o mando do caudillo Arminio, quen derrotou ao xeneral romano Publio Quintilio Varo e aniquilou as súas tres lexións na batalla do bosque de Teutoburgo no 9, combatendo posteriormente contra as expedicións de castigo levadas a cabo por Xermánico.

Polo 14, o xeneral Lucio Estertinio atacounos e arrasou as súas terras, recuperando o estandarte da Legio XIX. Os bructeri permaneceron independentes e apoiaron a rebelión dos bátavos. Terminaron sendo absorvidos polos francos ripuarios.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ralf G. Jahn: Der römisch-germanische Krieg (9-16 n. Chr.). Bonn 2001.
  • Günter Neumann, Harald von Petrikovits, Rafael von Uslar: Brukterer. En: Reallexikon der Germanischen Altertumskunde. Bd. 3, S. 581ff.
  • R. Wiegels, "Legiones XVII, XVIII, XIX", en: Yann Le Bohec, Les légions de Rome sous le Haut-Empire (2000 Lión), pp. 75-81.

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.