Box of Secrets é o primeiro álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Blood Red Shoes, publicado o 14 de abril de 2008 a través do selo Mercury Records. O disco foi filtrado á internet no mes de novembro de 2007.

Box of Secrets
Álbum de Blood Red Shoes
Publicado14 de abril de 2008
Gravación2007
Duración41:38
Xénero(s)indie rock, post-punk revival
Selo(s)Mercury Records
Producido porMike Crossey, Blood Red Shoes
Cronoloxía
I'll Be Your Eyes
(2007)
Box of Secrets Fire like This
(2010)

Varios dos temas foron lanzados anteriormente como sinxelos en edición limitada, incluído "I Wish I Was Someone Better", "ADHD", "It's Getting Boring By the Sea" e "You Bring Me Down". O último deles foi regravado e reeditado antes do lanzamento do álbum. "Try Harder" foi unha cara b do lanzamento orixinal do sinxelo "You Bring Me Down". Todos os sinxelos apareceron como versións regravadas en Box of Secrets, coa excepción de "I Wish I Was Someone Better". O sinxelo "Say Something, Say Anything" foi publicado o 7 de abril de 2008 para coincidir co lanzamento do álbum.

A canción título non aparece no álbum. "Box of Secrets" foi unha cara b do sinxelo "It's Getting Boring by the Sea" e tamén aparece no recompilatorio I'll Be Your Eyes. O título procede dunha frase entre os dous membros para describir cousas que poden dicirse entre eles, pero non a outros.[1]

A canción de peche, "Hope You're Holding Up", é o primeiro tema de Blood Red Shoes en contar con outra persoa que non fose membro do grupo, neste caso con Harriet de Los Campesinos! tocando o violín.

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Blood Red Shoes. 

N.º Título Duración
1. "Doesn't Matter Much"   3:25
2. "You Bring Me Down"   3:42
3. "Try Harder"   3:50
4. "Say Something, Say Anything"   3:12
5. "I Wish I Was Someone Better"   3:48
6. "Take the Weight"   4:38
7. "A.D.H.D"   3:17
8. "This Is Not for You"   4:32
9. "It's Getting Boring by the Sea"   2:56
10. "Forgive Nothing"   3:10
11. "Hope You're Holding Up"   5:12

Notas editar

  1. "this is our blood red shoes site : About". web.archive.org. 2008-04-11. Archived from the original on 11 de abril de 2008. Consultado o 2019-11-02.