Boulder (escalada en bloque ou bouldering) é unha modalidade de escalada que consiste en escalar bloques de rocha ou pequenas paredes, que poden ser de ata 8 metros, sen a necesidade dos materiais de protección convencionais da escalada (corda, arnés, elementos de fixación...), realizándose de lado e subindo moi pouco.

Práctica do boulder.

Características

editar

A rocha presenta "problemas" a resolver, tanto en ascenso como en travesía (horizontal). Neste tipo de escalada prima a dificultade extrema durante traxectos moi curtos. Escalar nesta modalidade coñécese en argot como "blocar".

Xeralmente emprégase un xergón portátil denominada "crash pad" e a pericia atenta dos compañeiros, os denominados "porteiros", quen deben coidar ao escalador para que a posible caída non teña consecuencias.

Cara ao final dos anos 1970, apareceu en Mallorca unha derivación deste tipo de escalada, denominada "psicobloc". O mesmo consiste en escalar bloques a grande altura con caída directa ao mar, con, como única protección, a propia auga.

Existen salóns ou muros especializados nesta modalidade que se converteron en verdadeiros ximnasios para o adestramento, xa que este tipo de escalada require dun excelente estado físico e de moita forza nos brazos.

Durante os últimos anos apareceu unha polémica sobre o impacto desta modalidade nas rochas debido á limpeza dos agarres. Está en mans dos "aperturistas" non converterse en meros limpiadores e cepillar seletivamente para non deteriorar o medio e con iso preservar a zona para futuras xeracións de escaladores.

Entre os moitos deportistas que realizan esta disciplina destácanse: Chris Sharma, Dani Andrada, Dave Graham, Patxi Usobiaga e Adam Ondra.

Nos últimos anos esta modalidade de escalada adquiriu moita popularidade e por iso unha gran cantidade de persoas inícianse nesta práctica sen ter nocións previas de escalada ou montañismo. Isto pode presentar un problema no caso de que as persoas non coiden a contorna onde se desenvolve esta actividade e non respecten as normas ou regulacións da escalada en contornas naturais. É por tanto moi importante para o bo desenvolvemento e mantemento destas actividades o coidado e respecto ao medio natural; para iso diversas asociacións de escaladores reúnense cos responsables da xestión dos contornas naturais onde se practican estas actividades co fin de lograr acordos de uso e práctica que sexan compatibles coa boa conservación e uso destes espazos.

Véxase tamén

editar