Bosón de Arles

Para persoas chamadas Bosón, consulte a páxina de homónimos Bosón.

Bosón de Arles ou Bosón I de Arles, nado en 885 e finado en 936, tamén chamado Bosón VI de Provenza, conde de Aviñón e Vaison (911-931), conde de Arles (926-931) e marqués de Toscana (931-936).

Bosón de Arles
Nacemento885
Falecemento936
Ocupacióngobernante
PaiTeobaldo de Arles
NaiBerta da Lotaríngia
CónxuxeWilla of Burgundy e Constança de Viena
FillosWilla of Tuscany, Berta de Arles e Robald de Arles
IrmánsTeutberga de Arles, Ermengarda da Toscana, Hugo da Itália, Guido da Toscânia e Lambert da Toscana
Na rede
WikiTree: Bosonid-11 Find a Grave: 122566099 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Era fillo de Teobaldo de Arles[1] e de Berta de Lotarinxia, filla ilexítima de Lotario II de Lotarinxia.

TraxectoriaEditar

En 926, sucedeu ao seu irmán Hugo de Arles como Conde de Arles cando este deixou Arles para ir a Italia. Bosón de Arles tamén se vai implicar en Italia e foi nomeado marqués de Toscana no 931 polo seu irmán despois da deposición de Lamberto de Toscana. En Provenza, Bosón foi entón substituído polo seu xenro, o marido da súa filla Berta e fillo de Ricardo o Xusticeiro, tamén chamado Bosón e coñecido como Bosón I (895-935).[2] Bosón de Arles tamén interveu en Lorena contra Henrique I de Alemaña.

Finalmente foi deposto e arrestado en 936.[3] e substituído por un fillo ilexítimo de Hugo: Huberto. De feito, Bosón de Arles foi probabelmente asasinado por orde do seu irmán Hugo. A instancias da súa muller Wila, tería intentado un golpe de estado contra Hugo.

XenealoxíaEditar

Dunha primeira muller non identificada, tería un fillo:

  • Rotbaldo o Vello ou Rotboldo o Antigo (circa 907-936) que casou con Ermengarda de Aquitania, filla de Guillerme o Piadoso, e foi asasinado polo seu tío o rei Hugo en 936.

Casou despois con Willa de Borgoña, filla de Rodolfo I de Borgoña e Willa de Provenza. Desta unión naceron catro fillas[4]:

  • Berta de Arles (antes de 912 - despois de 18 de agosto 965), condesa de Arles que casou probabelmente en 924 [5] con Bosón I (895-935)[6], fillo do duque de Borgoña, Ricardo o Xusticeiro. Bosón era abade laico da abadía de Saint-Pierre de Moyenmoutier e da abadía de Remiremont nos Vosges. Cando quedou viúva, Berta de Arles casou en 936 con Ramón II († 961 ), conde de Rouergue[7]. Tamén se di que acolleu ao seu tío Hugo de Arles en Arles en 947.
  • Willa III (912-970), que foi raíña de Italia en 930 ao casar con Berengario II, rei de Italia .
  • Riquilda.
  • Xisela.

NotasEditar

  1. O pai de Bosón, Teobaldo de Arles (850-895), conde de Arles e Vienne, era o curmán de Bosón, rei de Borgoña Cisxurana de 879 a 887
  2. Para a discusión sobre este Bosón véxase Bosón II de Arles
  3. Frédéric de Gingins-La-Sarra - Mémoires pour servir à l'histoire des royaumes de Provence et de Bourgogne-Jurane - 1851, páxina 97, a
  4. "Bertam, Willam, Richildam et Gislam" son citadas (en orde) como as catro fillas de Bosón e Willa por Liutprando en os condes de Provenza
  5. As datas de 931 e 933 son ás veces avanzadas. Pero Berta estaba xa casada cando seu pai marchou a Italia en 931; a data de 924 é, xa que logo, máis probábel, malia a pouca idade da noiva
  6. A data de defunción deste Bosón é discutida
  7. Atópase tamén pola ligazón as datas de 935 e 940

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar