Concello de Borlänge

(Redirixido desde «Borlänge (municipio)»)

Coordenadas: 60°29′N 15°27′L / 60.483, -15.450

Municipio de Borlänge
Borlänge kommun
Borlange sveatorget.jpg
Sveatorget
Borlänge vapen.svg
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Dalarna
Condado Dalarna
Capital Borlänge
Área e poboación
Poboación 52 323 habitantes
Censo 2022
Área 635,83 km²
Densidade 89,62 hab./km²
Mapa
Borlänge Municipality in Dalarna County.png
Outros datos
Web borlange.se

Borlänge é un municipio sueco (kommun) do condado de Dalarna.[1] A súa capital é Borlänge, que é o núcleo urbano máis grande de Dalarna. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 52 323 habitantes.[2]

A parte sur do concello, que pertence á rexión de Bergslagen, é montañosa, mentres que a parte noroeste está formada por chairas por onde flúe o río Dal. Ata os anos 70 a industria dominaba a economía local, pero a medida que a súa importancia foi disminuíndo sectores como o transporte e o comercio foron facéndose co seu lugar.

A longo prazo a tendencia de poboación é positiva, aínda que durante varios períodos o concello perdeu habitantes. Durante os anos 2010 o concello tivo gobernos alternos, onde o maioritario, o partido socialdemócrata, formou parte de todas as coalicións.

NotasEditar

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-13. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-25.