Boris Chertok
Boris Ievseievich Chertok, nado o 1 de marzo de 1912 en Lodz (Unión Soviética) e finado o 14 de decembro de 2011, foi un enxeñeiro participante no programa espacial soviético.
Boris Chertok | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Boris Yevseyev |
Nacemento | 1 de marzo de 1912 |
Lugar de nacemento | Łódź |
Falecemento | 14 de decembro de 2011 |
Lugar de falecemento | Moscova |
Causa | pneumonía |
Soterrado | cemiterio Novodevichii |
Nacionalidade | Unión Soviética, Imperio Ruso e Rusia |
Etnia | Pobo xudeu |
Alma máter | Moscow Power Engineering Institute |
Ocupación | enxeñeira aeroespacial, enxeñeiro, profesor universitario e escritor de non ficción |
Premios | Premio Estatal da URSS, Orde de Lenin, Medalla da vitoria sobre Alemaña na gran guerra patriótica 1941-1945, Heroe do Traballo Socialista, Orde da Revolución de Outubro, Order "For Merit to the Fatherland" IV class, Bandeira Vermella do Traballo, Orde da Estrela Vermella, Medalha "Pela Defesa de Moscou", Medal "Veteran of Labour", Medalha do Jubileu "60 Anos de Vitória na Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Medalla conmemorativa do 850 aniversario de Moscova, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo", Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Premio Lenin, Medalha Simon Ramo IEEE, Korolev Gold Medal, Jubilee Medal "Forty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Medalla do aniversario dos "300 anos da Armada Rusa", Medalha do Jubileu "Em Comemoração ao 100.º Aniversário do Nascimento de Vladimir Ilitch Lenin", Medal "In Commemoration of the 800th Anniversary of Moscow", Medal "In Commemoration of the 1500th Anniversary of Kyiv", Jubilee Medal "Thirty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Medalha do Jubileu de 50 anos das Forças Armadas da URSS e Jubilee Medal "60 Years of the Armed Forces of the USSR" |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Chertok naceu en 1912 en Lodz, fillo dun contable. A súa familia tivo que migrar a Moscova antes de que Boris cumprira os dous anos. Comezou a súa carreira aos 17 anos como electricista. A pesar da súa falta de formación comezou a traballar nunha fábrica de aviónica en 1930, recoñecéndoselle talento para iso e comezando a súa formación universitaria paralelamente ao seu traballo. En 1935 xa era xefe dunha oficina de deseño, xogando un importante papel no desenvolvemento da electrónica usada nas expedicións polares soviéticas. Graduouse en 1940 e comezou a traballar en sistemas de control e guiado na oficina de V. F. Bolkhovitinov.
En abril de 1945 foi asignado ao grupo que analizaría a tecnoloxía alemá de foguetes despois da segunda guerra mundial. Traballou en Alemaña ata xaneiro de 1947, entrando en contacto con Korolev por primeira vez. Chertok foi asignado á instituto NII-88 de Korolev en agosto de 1946, pasando a ser xefe delegado de sistemas de control e guiado de foguetes e naves espaciais. Traballou nos sistemas de control do primeiro mísil balístico intercontinental, o R-7, e das primeiras naves tripuladas, Vostok, Voskhod e Soiuz. Foi o responsable do sistema KORD de control dos motores do foguete N-1 e máis tarde, ata a súa xubilación en 1992, foi deseñador xefe adxunto na empresa estatal Energia. Faleceu o 14 de decembro de 2011.
Notas Editar
- Mark Wade (2018). "Chertok, Boris Yevseyevich" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2018. Consultado o 6 de xaneiro de 2019.</ref>