Río Dniéper

(Redirixido desde «Borístenes»)

O Dniéper[1] (en ruso: Днепр/Dnepr; en belaruso: Дняпро/Dnyapro, en ucraíno: Дніпро/Dnipro) é un río con 2290 km de percurso (o cuarto en Europa logo do Volga, o Danubio e o Ural).[2]

Dniéper
Днепр код Кијева.jpg
O Dniéper en Kíiv.
PaísRusia, Belarús, Ucraína
NacementoAltiplano de Valdai
Lonxitude2.290 km
Conca516.000 km2
Caudal medio1.670 m3/s
DesembocaduraMar Negro
Dnepr Basin River Town Polski.png
Mapa da conca do río Dniéper.

PercorridoEditar

O Dniéper nace no altiplano de Valdai (Rusia occidental), para entrar despois en Belarús; foi logo, durante 115 km, de fronteira natural entre Belarús e Ucraína, para por fin facer o resto do seu curso a través da Ucraína, na cal baña a capital, Kíiv, atravesándoa de norte a sur.[2] Ao longo dos tres países mantén esencialmente o mesmo nome, aínda que con pequenas variantes gráficas e de pronunciación.

O Dniéper desauga no mar Negro cun longo estuario, non lonxe da cidade de Odesa, a occidente da península de Crimea. O seu caudal medio na foz é de 1670 m³/s.

A conca hidrográfica do Dniéper abranxe unha área de 516 000 km², unha superficie maior que a de España, o que a torna na terceira en Europa, despois das do Volga e do Danubio.

Explotación económicaEditar

Nos últimos 800 km do río está regulado por unha serie de grandes encoros. Estes encoros son: o de Kíiv (Kyivs'ke) (922 km², cunha lonxitude de 110 km e unha largura de 12 km, presenta gran cantidade de algas)[2], o de Kaniv (582 km²), o de Kremenchuk (2252 km²), o encoro de Dniprodzerzhin (567 km²), o de Zaporiz (410 km²) e o de Kakhov (2155 km²). As presas destes encoros son utilizados para producir enerxía hidroeléctrica, que representa sobre do 10% electricidade xerada en Ucraína.

Nome e historiaEditar

O río Dniéper é mencionado polo grego Herodoto no Século V a.C. como Borysthenes. Os historiadores romanos denominárono Danaper. O vello nome usado na época medieval, cando do Rus de Kíiv, era Slavutich.

O Dniéper foi de sempre a principal vía de comunicación nesta zona, facilitando as comunicacións entre o Mar Negro e o mar Báltico. A través desta ruta fluvial, viquingos e polacos, se moveron cara o sur.

O Dniéper foi, durante a última guerra mundial, o eixo da "liña Stalin", escenario de duros combates entre os exércitos alemáns e soviéticos.

Cidades ás beiras do DniéperEditar

Desde o seu nacemento até a desembocadura temos entre as cidades principais erguidas as súas orelas:

Afluentes do DniéperEditar

Destacan entre os tributarios máis importantes do Dniéper en orde desde a fonte:

NotasEditar

  1. "O Seminario de Onomástica aproba a adaptación dos nomes da capital e doutras cidades ucraínas". Real Academia Galega. 8 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Kyiv, Ukraine". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-13. 

Véxase taménEditar