Bonaventura Carles Aribau

Buenaventura Carlos Aribau, nado en Barcelona o 4 de novembro de 1798 e finado no mesmo lugar o 17 de setembro de 1862, foi un escritor e economista catalán, considerado o iniciador da Renaixença catalá.

Modelo:BiografíaBonaventura Carles Aribau

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1798 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de setembro de 1862 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCementiri del Poblenou Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista, xornalista, escritor, político Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX836381

Traxectoria

editar

Foi o fundador da Sociedade Filosófica de Cataluña, e no ano 1817 publica Ensayos poéticos. Uniuse á revolución liberal e colaborou co Diario Constitucional. Foi secretario da Deputación de Lleida e membro da Acadèmia de les Bones Lletres desde 1820, sendo cofundador e redactor de El Europeo en 1823. No 1826 trasládase a Madrid, onde traballo en La nación, La España e El Corresponsal, fundado en 1839 por Gaspar Remisa. Con Rivadeneyra fundou a Biblioteca de Autores Españoles. Foi nomeado director xeral do Tesouro(1847), da Xunta de Aduanas e Aranceis (1850), da Casa da Moeda, Minas e Propiedades do Estado (1852) e secretario da Intendencia da Casa Real e Patrimonio (1857).

A obra máis recoñecida de Aribau é a Oda a la pàtria, de 1833, que se considera o comezo da Renaixença.