Bolsa de Ámsterdan

A Bolsa de valores de Ámsterdan é o nome orixinal da bolsa de valores situada en Ámsterdan. O 22 de setembro de 2000 fusionouse coa Bolsa de valores de Bruxelas e a Bolsa de París formando Euronext, sendo agora coñecida como Euronext Amsterdam.

Historia

editar

A Bolsa de valores de Ámsterdan é considerada como a máis antiga do mundo. Foi fundada en 1602 pola compañía holandesa das indias orientais (Verenigde Oostindische Compagnie, ou "VOC") para facer tratos coas súas accións e bonos. Posteriormente foi renomeada como Amsterdam Bourse e foi a primeira en negociar formalmente con activos financeiros.

A Bolsa de Ámsterdan tamén funcionou como mercardo dos produtos coloniais. Publicaba semanalmente un boletín que servía de punto de referencia nas transaccións.