Abrir o menú principal
Un prato con bolinhos de bacalhau.

Bolinhos de bacalhau ou pastéis de bacalhau son unha especialidade da gastronomía portuguesa, atopámolos por toda a rexión Mediterránea, son tamén moi populares na Angola e no Brasil onde é un petisco moi apreciado en restaurantes e adegas portuguesas.

No centro e sur de Portugal son coñecidos por pastéis de bacalhau e, no norte, por bolinhos de bacalhau.

Os pastéis de bacalhau foron uns dos pratos finalistas ás 7 Marabillas da Gastronomía portuguesa.

Índice

HistoriaEditar

A primeira receita oficial do bolinho de bacalhau data de 1904, nun libro chamado Tratado de Cozinha e Copa, de Carlos Bandeira de Melo, un oficial do exército portugués que empregaba o pseudónimo Carlos Bento da Maia. A obra de Carlos Melo entraría na historia como a primeira en presentar unha receita do prato.

 
Bolinhos de bacalhau caseiros.

A pesares de indicar o modo de preparación e os ingredientes, o autor omitiu a relación e proporción dos ingredientes, no entanto, a súa descrición serviu como base para as variacións da receita existentes até os nosos días.

 
Bacallau seco.

VariantesEditar

Na Francia considérase que é unha receita de orixe guadalupeña (na lingua indíxena da illa son acras) e son lixeiramente picantes.

Na Cataluña son moi populares, non conteñen pemento e adoitan ser fritidos en aceite. En ambos os dous lugares, fanse con bacallau desmigado (exqueixat) mesturado cunha masa típica (auga ou leite, fariña, ovos) xuntando allo, salsa e ás veces tamén cebola picada. Tamén adóitanse comer como petisco, en pratos de frituras variadas ou como acompañamento en pratos combinados. Esta variante con masa de fariña, en Portugal, é chamada de patanisca ou isca de bacalhau.

Pastel de bacallau brasileiroEditar

No Brasil tamén se pode atopar unha variante que, a pesares de ter o nome de "pastel de bacalhau", similar ao nome empregado en parte de Portugal e nos PALOP para o bolinho de bacalhau, é lixeiramente distinto, referíndose a un pastel, alimento típico brasileiro semellante á empanada latino-americana que consiste nunha masa rechea con algún ingrediente e fitida; neste caso específico, recibe o reencho de bacalhau. Este tipo de pastel tivo a súa orixe nunha receita de emigrantes portugueses que se estabrceron en São Paulo e lanzaron esa iguaria no Hocca Bar, localizado no Mercado Municipal de São Paulo.

Conexións externasEditar