Abrir o menú principal

Bojnice

vila de Eslovaquia

Coordenadas: 48°46′45″N 18°35′00″L / 48.77917, -18.58333

Bojnice
Bajmóc
Weinitz
Bojnice herb2.png
Slovakia Bojnice (The photo is made of a glider "Duo Discus xlt") (8698340484).jpg
Vista da vila e o castelo.
Localización
Bojnice en Eslovaquia
Bojnice
Bojnice
PaísEslovaquia Eslovaquia
RexiónTrenčín
DistritoPrievidza
Xeografía
Altitude298 msnm
Superficie19,96 km²
Demografía
Poboación4.921 hab. (2013)
Densidade246,54 hab/km²
Outros datos
Código postal972 01
AlcaldeFrantišek Tám (Dirección - Socialdemocracia)
www.bojnice.sk/

Bojnice (en húngaro Bajmóc, en alemán Weinitz) é unha vila histórica sita no centro de Eslovaquia ao norte do río Nitra, preto de Prievidza. No ano 2013 tiña unha poboación de 4.921 habitantes. Bojnice é unha vila principalmente coñecida polas súas atraccións turísticas. Posúe o parque zoolóxico máis antigo do país e tamén un dos spa máis antigos de Eslovaquia. A vila está situada baixo o Castelo de Bojnice, que foi construído con rochas de travertino no século XII.

XeografíaEditar

Bojnice linda ao norte co val do río Nitra, baixo os Montes Strážov. Sitúase a 4 km da cidade de Prievidza, coa que comparte o sistema de transporte público. Outras cidades próximas son Žilina (a 60 km ao norte) e Trenčín (a 65 km ao oeste).

DemografíaEditar

Segundo o censo de 2001, a vila tiña 5.006 habitantes, dos que o 97,06% eran eslovacos, o 0,68% checos e o 0,24% alemáns. O 74,55% eran católicos, o 19% non tiña afiliación relixiosa e o 2% luteranos.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar