Os Boinas marróns coñecidos en inglés como Brown Berets e en castelán como Boinas cafés foi unha organización nacionalista chicana estadounidense, inspirada nos Panteras Negras para loitar pola igualdade social e facer fronte á brutalidade policial. Ao contrario dos Panteras Negras nunca entraron en combate salvo en enfrontamentos puntuais coa policía.

Entre as súas accións pódese contar o apoio ás revoltas estudantís dos Ánxeles en marzo de 1968, a prol dun ensino igualitario e de calidade, un compromiso político que nunca descoidaron como organización. Tamén se movilizaron contra a Guerra do Vietnam organizando en 1970 unha marcha de 20.000 chicanos na que, a consecuencia dun ataque policial, perderon a vida tres persoas, o xornalista Rubén Salazar e dous dos seus membros. En 1972 tomaron a Illa de Santa Catalina, en California, reivindicando a soberanía mexicana do territorio. A súa actividade social máis importante foi porén, a creación nese mesmo ano da Benito Juárez Health Clinic, unha clínica gratuíta para a xente máis desfavorecida.