O Boeing Model 200 Monomail foi un avión estadounidense de correo de principios dos anos 30 deseñado por Boeing. O avión desmarcouse da tradicional configuración biplana para os avións de transporte, e no seu lugar estaba equipado cunha única á insertada na parte inferior da fuselaxe e totalmente metálica. Istalouselle un tren de aterraxe retráctil e unha estilizada fuselaxe para mellorar a eficiencia aerodinámica da aeronave. Un primeiro exemplar foi construído para que fose avaliado por Boeing e pola Mariña dos Estados Unidos (baixo a designación Y1C-18) pero non chegou a fabricarse masivamente. O avión finalmente pasou a formar parte da frota de Boeing e realizou transporte de correo entre San Francisco e Chicago a partir de xullo de 1931.

Boeing Monomail
FabricanteBoeing
Primeiro voo6 de maio de 1930
Introducido1933
Estadoretirado
Unidades construídas2

Unha segunda versión foi desenvolvida como Model 221, cunha fuselaxe 20 cm máis longo e que sacrificaba parte da capacidade de carga para levar 6 pasaxeiros nunha cabina adxunta; porén o piloto sentábase nunha cabina aberta. Esta versión voou por vez primeira o 18 de agosto de 1930. Tanto o Model 200 como o Model 221 foron finalmente modificados para realizar servizos transcontinentais baixo a designación Model 221A, estendendo a fuselaxe para poder levar 8 pasaxeiros. Ese avión foi operado por United Air Lines na súa ruta entre Cheyenne e Chicago.

O avanzado deseño do Monomail viuse obstaculizado pola falta dun motor e unha hélice axeitados. No tempo no que as hélices de paso variable e motores máis potentes estiveron dispoñibles, o deseño xa fora superado por avións multi-motores, como o Boeing 247.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Boeing History - Boeing Monomail Transport Consultado o 17 de xuño de 2006.
  • Taylor, Michael J. H. (1989). Jane's Encyclopedia of Aviation. Londres: Studio Editions. 
  • World Aircraft Information Files. Londres: Bright Star Publishing. 

Ligazóns externas editar