Boeing 767

avión de pasaxeiros
(Redirección desde «Boeing 767-200ER»)

O Boeing 767 é un avión de pasaxeiros de fuselaxe ancha fabricado por Boeing. Trátase dun modelo de fuselaxe ancha, que foi presentado case ao mesmo tempo que o 757, o seu semellante de fuselaxe estreita, co que comparte características de deseño e cuberta de voo, o que permite que os pilotos poidan obter unha mesma certificación para operar os dous avións. Ten un alcance de entre 9 400 e 12 200 km e pode transportar entre 181 e 375 pasaseiros, dependendo da configuración.

Boeing 767
Boeing 767-300 de Condor
Tipopasaxeiros
FabricanteBoeing
Primeiro voo26 de setembro de 1981
Introducido8 de setembro de 1982 con United Airlines
Estadoactivo
Principais usuariosDelta Air Lines
American Airlines
United Airlines
All Nippon Airways
Produción1981 - presente
Unidades construídas1.093 a setembro de 2016[1]

O 767 foi tamén o primeiro avión de fuselaxe ancha de Boeing cunha ponte de mando para só dúas persoas, eliminando a necesidade dun enxeñeiro de voo. O avión fabricouse con tres lonxitudes de fuselaxe. O orixinal 767-200 entrou en servizo en 1982 con United Airlines, seguido polo 767-300 en 1986, e o 767-400ER no ano 2000. O 767-200ER e o 767-300ER teñen maior capacidade de carga e alcance. O 767-300F, unha versión de carga, entrou en servizo en 1995. Este foi alongado novamente e xurdiu o 767-400ER, que entrou en servizo en setembro do ano 2000.

Para complementar ao máis grande 747, ten unha sección transversal de sete asentos por fila, e pode acomodar contedores de carga LD2 ULD máis pequenos. O 767 estaba inicialmente equipado con motores turboventilador General Electric CF6, Rolls-Royce RB211, ou Pratt & Whitney JT9D. Os JT9D foron posteriormente substituído por PW4000. O avión ten unha cola convencional e unha á de perfil supercrítico para reducir a resistencia aerodinámica. A súa cabina de cristal para dous tripulantes, a primeira nun avión de pasaxeiros de Boeing, desenvolveuse conxuntamente para o 757. O estudos para un 767 de maior capacidade en 1986 levaron a Boeing a desenvolver o máis grande 777, introducido en xuño de 1995.

O 767-200 de 48,5 m de longo pode transportar nunha configuración típica a 216 pasaxeiros a 7 200 km, mentres que o 767-200ER transporta a 181 pasaxeiros a unha distancia de 12 200 km. O 767-300 de 54,9 m leva en configuración típica 269 pasaxeiros a 7 200 km, mentres que o 767-300ER senta a 218 pasaxeiros e pode voar 11 070 km. O 767-300F pode transportar 52,7 toneladas de carga a 6 025 km, e o 767-400ER de 61,37 m senta a 245 pasaxeiros e pode voar ata 10 415 km. Entre os derivados militares atópanse o E-767 para vixilancia e os KC-767 e KC-46 de repostaxe en voo.

En xullo de 2018 había 742 destes avións en servizo, sendo Delta Air Lines o maior operador con 77 unidades na súa frota. Ata xaneiro de 2022 Boeing recibira 1 346 pedidos de 74 clientes, dos cales 1 240 aparellos foran xa entregados, mentres que o resto son das variantes de carga e de repostaxe en voo.[2] Entre os seus competidores atópanse os Airbus A300, A310, e A330-200. O seu sucesor, o 787 Dreamliner, entrou en servizo no ano 2011.

Variantes

editar

O 767 fabricouse con tres lonxitudes de fuselaxe.[3] Estas estreáronse de forma progresiva como os 767-200, 767-300, e 767-400ER.[3][4] As variantes de longo alcance inclúen os 767-200ER e 767-300ER,[4] mentres que entre os modelos de carga atópanse o 767-300F, un cargueiro de produción,[5] e as conversións dos modelos de pasaxeiros 767-200 e 767-300.[6]

Cando se refiren ás distintas variantes, Boeing e as aeroliñas adoitan a combinar o número do modelo (767) e o designador da versión, como -200 ou -300, nunha forma como por exemplo "762" ou "763".[7] Despois do número de capacidade pode engadirse o identificador de alcance,[7][8] aínda que -200ER e -300ER son designacións de mercadotecnica da compañía e non están certificados como tal.[6] O sistema de designación de avións da Organización de Aviación Civil Internacional (ICAO) usa un esquema semellante de números, pero a este precédelle unha letra que indica o fabricante;[9] todas as variantes baseadas nos 767-200 e 767-300 clasifícanse baixo os códigos "B762" e "B763", e o 767-400ER recibe a designación "B764".[9]

767-200

editar
 
767-200 de United Airlines, a primeira aeroliña en operar o avión

O 767-200 foi o modelo orixinal e entrou en servizo con United Airlines en 1982.[10] O tipo ten sido usado principalmente polas principalis aeroliñas estadounidenses para rutas domésticas entre grandes centros de conexións como Os Ánxeles e Washington.[10][11] O 767-200 foi o primeiro avión en usarse en voos ETOPS transatlánticos, comezando con TWA o 1 de febreiro de 1985 baixo regras de desvío de 90 minutos.[12][11] Entregáronse un total de 128 unidades desta variante.[2] En xullo de 2018 aínda había 52 exemplares do modelo en servizo comercial, case todos eles conversións a cargueiros.[13] Os competidores deste modelos son os Airbus A300 e A310.[14]

O 767-200 fabricouse ata o ano 1987 cando a produción cambiou ao 767-200ER de rango estendido.[15] Algúns dos primeiros 767-200 foron posteriormente actualizados á especificación de rango aumentado.[11] En 1998, Boeing comezou a ofrecer conversións do 767-200 á especificación 767-200SF (Special Freighter, cargueiro especial) para ser usados con carga,[16] e Israel Aerospace Industries obtivo a licenza para realizar as conversións a partir de 2005.[17] O proceso de conversión implica a instalación dunha porta de carga lateral, o reforzo do chan da cuberta principal, e a adición de equipamento de monitorización da carga e seguridade.[6] O 767-200SF posicionouse como un substituto para os cargueiros Douglas DC-8.[16]

767-2C

editar

Unha versión comercial de carga do Boeing 767-200 coas ás da serie -300 e unha cabina de mando actualizada que voou por vez primeira o 29 de decembro de 2014. Unha variante militar de repostaxe en voo do Boeing 767-2C foi desenvolvido para a USAF como o KC-46. Boeing usou seis avións para conseguir a certificación da FAA.[18] O primeiro avión entregouse á USAF en xaneiro de 2019,[19] e en xaneiro de 2021 xa tiña entregadas 42 unidades das 94 pedidas.[20]

767-200ER

editar
 
767-200ER de El Al

O 767-200ER foi o primeiro modelo de rango estendido e entrou en servizo con El Al en 1984.[21] O maior alcance do tipo débese á súa maior capacidade de combustible e a un maior peso máximo de engalaxe de ata 179 000 kg.[15] Este aumento de capacidade conseguese polo uso do dique seco do tanque central para tranportar combustible. Os tanques centrais das variantes non-ER é o que se chaman cheek tanks; dúas metades interconectadas en cada raíz da á cun dique seco no medio. O tanque central tamén é usado nas variantes -300ER e -400ER.[22]

Esta versión ofreceuse orixinalmente cos mesmos motores que o 767-200, aínda que posteriormente estiveron dispoñibles os máis potentes Pratt & Whitney PW4000 e General Electric CF6.[15] O 767-200ER foi o primeiro 767 en completar unha viaxe transatlántica sen escalas, e rompeu o récord de distancia para un birreactor de pasaxeiros o 17 de abril de 1988 cun voo de Air Mauritius dende Halifax, Nova Escocia a Port Louis, Mauricio, cubrindo unha distancia de 16 200 km.[10] O 767-200ER foi mercado por operadores internacionais que buscaban avión de fuselaxe ancha máis pequenos para rutas longas como de Nova York a Pequín.[10] Entregáronse un total de 121 unidades do 767-200ER.[2] En xullo de 2018 aínda quedaban en servizo 21 exemplares de pasaxeiros e conversións a cargueiros.[13] Os principais competidores do tipo na súa época eran o Airbus A300-600R e o A310-300.[23]

767-300

editar

O 767-300, a primeira versión alongada do avión, entrou en servizo con Japan Airlines en 1986.[21] O tipo conta cunha extensión da fuselaxe de 6,43 m sobre o 767-200, conseguido por seccións adicionais insertadas antes e despois das ás, conseguindo unha lonxitude total de 54,9 m.[15] Reflectindo o potencial de crecemento do deseño orixinal do 767, as ás, motores, e meirande parte dos sistemas non se modificaron para o 767-300.[15] Unha porta de saída no centro da cabina opcional colócase diante das ás no lado esquerdo,[3] e posteriormente estiveron dispoñibles os motores máis potentes Pratt & Whitney PW4000 e Rolls-Royce RB211.[23] A maior capacidade do 767-300 usouse para rutas de alta densidade dentro de Asia e Europa.[24] O 767-300 fabricouse de 1986 ata 2000, e entregáronse un total de 104 unidades do modelo.[2] En xullo de 2018 había 34 exemplares en servizo.[13] O seu principal competidor foi o Airbus A300.[23]

767-300ER

editar
 
767-300ER de American Airlines en Barcelona

O 767-300ER, a versión de rango estendido do 767-300, entrou en servizo con American Airlines en 1988.[21] O aumento de alcance foi posible pola maior capacidade de combustible e un maior MTOW de 185 000 kg.[23] Melloras no deseño permitiron o incremento do MTOW ata os 187 000 kg en 1993.[23] Pode equiparse con motores Pratt & Whitney PW4000, General Electric CF6, ou Rolls-Royce RB211.[23] O 767-300ER ten tres configuracións de saídas: a configuración de base ten catro portas principais de cabina e catro saídas sobre as ás; a segunda configuración ten seis saídas principais e dúas sobre as ás; e a terceira ten seis portas principais e dúas máis pequenas detrás das ás.[3] Unha ruta típica do tipo é Os Ánxeles-Frankfurt. A combinación de maior capacidad de alcance ofrecida polo 767-300ER foi atractiva tanto para operadores que xa tiñan o 767 como para novas aeroliñas.[4] É a versión máis exitosa do avión, con máis pedidos que todas as demais variantes xuntas.[25] En novembro de 2017 entregáranse un total de 583 767-300ER.[2] Había 376 exemplares en servizo en xullo de 2018. O principal competidor do tipo é o Airbus A330-200.[26]

767-300F

editar

O 767-300F, a versión de carga de produción do 767-300ER, entrou en servizo con UPS Airlines en 1995.[27] O 767-300F pode transportar 24 palés estándar de 220 por 320 cm na súa bodega principal e ata 30 dispositivos de carga LD2 na bodega inferior,[3] cun total de volume de carga de 438 m3.[28] O cargueiro ten unha porta principal de carga e saída de tripulación,[5] mentres que a bodega inferior ten dúas postas de carga en estribor e unha en babor.[3] Unha versión de mercado xeral con sistemas de manexo de carga a bordo, capacidade de refrixeración e instalacións para a tripulación entregouse a Asiana Airlines o 23 de agosto de 1996.[29] En agosto de 2019 entregáranse 161 767-300F, e 61 avións estaban pendentes de entrega.[2] En xullo de 2018 había 222 unidades de cargueiros e conversións a cargueiro en servizo.[13]

En xuño de 2008, All Nippon Airways recibiu o primeiro 767-300BCF (Boeing Converted Freighter), un modelo de pasaxeiros modificado para carga.[30] O traballo de conversión foi realizado en Singapur por ST Aerospace Services, a primeira compañía en ofrecer un programa de conversión 767-300BCF,[30] e implicaba a adición dunha porta principal de carga, chan reforzado, e equipamento de monitorización de carga e seguridade.[6] Dende entón, Boeing, Israel Aerospace Industries, e Wagner Aeronautical tamén ofreceron programas de conversión para avións da serie 767-300.[31]

767-400ER

editar
 
767-400ER de Continental Airlines

O 767-400ER, o primeiro reactor de fuselaxe ancha de Boeing produto de dous alongamentos da fuselaxe,[32] entrou en servizo con Continental Airlines no ano 2000.[21] O tipo conta cun alongamento de 6,43 metros con respecto ao 767-300, dando unha lonxitude total de 61,3 m.[33] A envergadura incrementouse tamén 4,36 m coa adición de puntas de á inclinadas.[29] A configuración de saída usa seis saídas principais e dúas máis pequenas tras as ás, semellante á dalgúns 767-300ER.[3] Outras diferenzas son unha cabina de mando actualizada, un tren de aterraxe redeseñado, e un interior do estilo do 777.[34] A potencia é proporcionada polos motores mellorados General Electric CF6.[6]

A FAA outorgou a aprobación ao 767-400ER para operar voos ETOPS de 180 minutos antes da súa entrada en servizo.[35] Debido a que a súa capacidade de combustible non aumentou con respecto a modelos anteriores, o 767-400ER ten un alcance de 10 418 km,[36] menos que anteriores 767 de rango estendido.[37] Non se desenvolveu ningunha versión 767-400.

O 767-400ERX de maior alcance ofreceuse en xullo de 2000[38] antes de cancelarse un ano despois,[39] deixando ao 767-400ER como única versión do 767 máis longo.[40] Boeing retirou o 767-400ER e o -200ER da súa lista de prezos en 2014.[41]

Entregáronse un total de 37 767-400ER aos dous clientes do modelo, Continental Airlines (agora fusionada con United Airlines) e Delta Air Lines.[2] As 37 unidades do -400ER aínda estaban en servizo en xullo de 2018.[13] Fabricouse unha unidade máis como banco de probas militar, e despois vendido como transporte VIP.[42] O seu principal competidor é o Airbus A330-200.[43]

  1. Boeing (ed.). "Pedidos e entregas do 767". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Boeing: Commercial". www.boeing.com. Consultado o 2022-02-18. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "767 Airplane Characteristics for Airport Planning" (PDF). Boeing. Consultado o 18 de febreiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Eden 2008, pp. 104-105
  5. 5,0 5,1 Kane 2003, p. 555
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Federal Aviation Administration Type Certificate Data Sheet A1NM" (PDF). FAA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xaneiro de 2022. Consultado o 18 de febreiro de 2022. 
  7. 7,0 7,1 "Planes − Travel information − American Airlines". www.aa.com. Consultado o 2022-02-18. 
  8. "Continental Airlines - Boeing 767-200ER". web.archive.org. 2011-08-05. Archived from the original on 05 de agosto de 2011. Consultado o 2022-02-18. 
  9. 9,0 9,1 "DOC 8643 - Aircraft Type Designators". www.icao.int. Consultado o 2022-02-18. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Eden 2008, pp. 102-103
  11. 11,0 11,1 11,2 Davies 2000, pp. 88-89
  12. Haenggi 2003, pp. 38-40
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 "World Airline Census 2018". Flightglobal. 21 de agosto de 2018.
  14. Becher 1999, p. 175
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 Norris & Wagner 1998, p. 163
  16. 16,0 16,1 "Boeing enters UPS bidding with 767 'Special Freighter'". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-19. 
  17. "Supplemental Type-Certificate Data Sheet" (PDF). EASA. Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  18. "Boeing KC-46 Tanker Program Receives FAA Certification for its 767-2C Aircraft". MediaRoom. Consultado o 2022-02-18. 
  19. "U.S. Air Force Accepts First Boeing KC-46A Pegasus Tanker Aircraft". MediaRoom. Consultado o 2022-02-18. 
  20. "Boeing wins $2.1bn for 15 more KC-46A tankers, points to battle communications role". FlightGlobal. Consultado o 18 de febreiro de 2022. 
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 "Boeing: Commercial Airplanes -- The Boeing 767 Family -- 1,000 Strong and Counting". web.archive.org. 2011-08-21. Archived from the original on 21 de agosto de 2011. Consultado o 2022-02-19. 
  22. Aircraft fuel systems. Chichester, West Sussex, U.K.: Wiley. 2008. ISBN 978-0-470-05947-0. OCLC 647811907. 
  23. 23,0 23,1 23,2 23,3 23,4 23,5 Eden 2008, pp. 103-104
  24. Birtles 1999, pp. 62, 90-95
  25. Haenggi 2003, p. 43
  26. "FLUG REVUE Datafiles: Airbus A330-200". web.archive.org. 2001-02-18. Archived from the original on 18 de febreiro de 2001. Consultado o 2022-02-19. 
  27. Becher 1999, p. 178
  28. "Boeing: 767". www.boeing.com. Consultado o 2022-02-19. 
  29. 29,0 29,1 Eden 2008, p. 105
  30. 30,0 30,1 "ST Aero delivers world's first 767-300BCF to All Nippon Airways". web.archive.org. 2008-06-19. Archived from the original on 19 de xuño de 2008. Consultado o 2022-02-19. 
  31. Sobie, Brendan. "Wagner plans to launch 767 cargo conversion programme". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-19. 
  32. Norris & Wagner 1999, p. 114
  33. Norris & Wagner 1999, p. 120
  34. Norris & Wagner 1999, pp. 119-120, 123
  35. "Boeing 767-400ER gets FAA clearance". web.archive.org. 2013-09-29. Archived from the original on 29 de setembro de 2013. Consultado o 2022-02-19. 
  36. "Introducing the 767-400 Extended Range Airplane". www.boeing.com. Consultado o 2022-02-19. 
  37. "Long players". web.archive.org. 2013-09-25. Archived from the original on 25 de setembro de 2013. Consultado o 2022-02-19. 
  38. "The Newest Boeing 767 Is Inspired By The Future - Introducing The Boeing 767-400ER". MediaRoom. Consultado o 2022-02-19. 
  39. "Boeing Sonic Cruiser ousts 747X". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-19. 
  40. Frawley 2001, p. 63
  41. "Boeing Drops the 767-200ER and 767-400ER from its Pricing List: the End of an Era - Airchive". web.archive.org. 2016-07-08. Archived from the original on 08 de xullo de 2016. Consultado o 2022-02-19. 
  42. "Bahrain acquires 767-400ER testbed for VIP use". web.archive.org. 2009-01-30. Archived from the original on 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 2022-02-19. 
  43. "FLUG REVUE Datafiles: Boeing 767-400ER". web.archive.org. 2008-05-13. Archived from the original on 13 de maio de 2008. Consultado o 2022-02-19. 

Bibliografía

editar
  • Becher, Thomas (1999). Boeing 757 and 767. Marlborough, Wiltshire: Crowood Press. ISBN 1-86126-197-7. 
  • Birtles, Philip (1999). Modern Civil Aircraft: 6, Boeing 757/767/777. 3rd ed.. London: Ian Allan Publishing. ISBN 0-7110-2665-3. 
  • Davies, R.E.G. (2000). TWA: an airline and its aircraft. McLean, Virginia: Paladwr Press. ISBN 1-888962-16-X. 
  • Eden, Paul, ed. (2008). Civil Aircraft Today: The World's Most Successful Commercial Aircraft. Silverdale, Washington: Amber Books Ltd. ISBN 978-1-84509-324-2. 
  • Kane, Robert M. (2003). Air Transportation 1903–2003. 14th ed.. Dubuque, Iowa: Kendall Hunt Publishing. ISBN 978-0-7872-8881-5. 
  • Norris, Guy; Wagner, Mark (1998). Boeing. Osceola, Wisconsin: MBI Publishing. ISBN 0-7603-0497-1. 

 
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.