Bodegas Martín Códax
Bodegas Martín Códax é unha adega fundada no 1985 en Vilariño, Cambados, adicada á elaboración de viño albariño. Xunto con Condes de Albarei é a adega de maior volume de produción da comarca do Salnés.
Bodegas Martín Códax | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1985 |
Localización | Vilariño, Cambados |
Industria | Enoloxía |
Produtos | Viño albariño, augardente e licor. |
Na rede | |
http://www.martincodax.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Estrutura
editarA empresa constituíuse baixo a forma dunha sociedade anónima. A uva que adquire a adega procede de dúas fontes:
- Os socios, que posúen a adega e participan na toma de decisións.
- Particulares aos que se lles merca uva durante a vendima, máis que non participan na vida orgánica da empresa
No ano 2003 comezou a restauración dun edificio en Cacabelos, no Bierzo, coa intención de espallar o negocio á uva mencía.
Nome
editarO nome foi tomado do trobador medieval, e en concordancia coa súa denominación, a empresa patrocinou durante varios anos o Premio de poesía Martín Codax, así coma ao Grupo de Música Antiga Martín Códax.
Premios
editarNo 2008 recibiu o medalla de ouro no Concurso Internacional de Viños e Espirituosos CINVE, que tivo lugar na cidade española de Sevilla. O viño gañador foi Martín Códax Lías 2006, que resultou elixido entre candidatos dos cinco continentes [1].