Abrir o menú principal

Blues para Moraima

novela de Miguel Anxo Fernández

Blues para Moraima é unha novela de Miguel Anxo Fernández publicada en 2017 pola Editorial Galaxia. Foi galardoada co XXXV Premio Blanco Amor.

Blues para Moraima
19° International Jazz Festival of Punta del Este - 150111-1051-jikatu (15641182014).jpg
Na portada do libro aparece un músico tocando o saxo no que parece un cemiterio.
Autor/aMiguel Anxo Fernández
OrixeGalicia Galicia
LinguaGalego
ColecciónLiteraria
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.2017
Páxinas260 páx
ISBNISBN 978-84-9151-049-9

Índice

TramaEditar

A obra comeza cun narrador que relata en 1ª persoa que o van incinerar e que todo obedece a un plan argallado para amolar a algúns poderosos.

O xornalista conta a súa sorpresa cando o director da televisión lle dá o visto e prace á elaboración dun documental sobre Afonso, despois dun ano de negativas. Comeza a facer xestións para localizalo e aínda que nun primeiro momento Afonso se nega a ir, acaba aceptando. Segue logo coa difícil tarefa de reunir material pois non parece existir nada anterior á ditadura, como se fose borrado. Chegado o día vai recibir a Afonso ao aeroporto e máis tarde fan unha viaxe en coche na que el vai comentando os cambios na paisaxe. Cando van de volta, Afonso dille que quere entrevistarse en privado co Presidente, Melitón Troncoso, e máis adiante fará o mesmo co reitor, Ulpiano Fontán. O xornalista intúe que pasaron cousas importantes nesas entrevistas, pero Afonso pouco lle conta, só o día que regresa para Norteamérica, no aeroporto, deixaralle uns papeis nos que relata o acontecido nesas entrevistas, algunhas consecuencias da súa fuxida que ignoraba e que lle provocaron un grande abatemento e mais o que provocou a súa fuxida en 1937 e como decorreu esta.

Ante a gravidade de todo o que Afonso conta, o xornalista –coa axuda dalgúns personaxes- argalla un complicado e elaborado plan para desenmascarar aos culpábeis.

NarraciónEditar

A focalización varía ao longo da novela. O narrador principal (o xornalista) utiliza a 1ª persoa para contar todo o que el presenciou, mais algúns capítulos están narrados, tamén en 1ª persoa, por Afonso que conta sobre todo episodios do seu pasado e algunhas escenas ás que non asistiu o xornalista. Estes puntos de vista complétanse cun narrador omnisciente en 3ª persoa utilizado cando ningún dos dous personaxes está presente.

TempoEditar

O tempo no que se desenvolve a trama principal está pouco detallado, apenas algunhas referencias moi xerais considerando que nos moviamos por unha nova constitución democrática[1], Daquela só dispuñan de tres canles nos seus fogares[2] permiten situala despois de 1985, ano en que comezou a súa emisión a Televisión de Galicia. Os feitos narrados por Afonso sitúanse con algo máis de detalle nos anos 1936-37, durante a guerra civil española.

A narración non se ordena cronoloxicamente, senón que se mesturan escenas dos dous planos temporais e tampouco dentro destes seguen a orde cronolóxica.

Ademais, o xornalista foi un frecuente uso da prolepsepara manter a intriga do lector [3].

PersonaxesEditar

A maioría dos personaxes están pouco identificados, do propio protagonista nunca aparece o nome, só se sabe que é xornalista de televisión, cun programa de cine que quere recuperar a memoria cinematográfica do pasado, e cara ao final da obra precisa que estivo casado e tivo unha separación problemática.

Afonso (sen máis filiación) é o segundo protagonista, exiliado despois de ter que fuxir en 1937, octoxenario, cineasta e documentalista que acadou fama internacional en Norteamérica e que aquí foi sistematicamente silenciado.

Antía é a produtora do programa, antiga noiva que o axuda na resolución final.

Pancho é o cámara que os acompaña para gravar o documental sobre Afonso.

Eduardo, o Canelas, é un antigo amigo de Afonso, avogado, que vive na vila deste.

Moraima, xa morta, personaxe ausente pero verdadeiro detonante do conflito.

Os únicos que figuran con nome e apelido son:

Melitón Troncoso, actual Presidente do Goberno Autónomo e antigo falanxista que se encargou de ir ocultando o seu pasado.

Ulpiano Fontán, reitor da Universidade, compañeiro de angueiras do anterior nos anos da guerra.

NotasEditar

  1. Miguel Anxo Fernández, ‘’Blues para Moraima’’, Editorial Galaxia, 2017, p. 24
  2. p.40
  3. p.84, 97, 113, 131, 156 etc.

Véxase taménEditar