Blue Sunshine

Blue Sunshine é o único álbum de estudio do supergrupo británico de post-punk The Glove, publicado o 23 de agosto de 1983 a través dos selos Wonderland Records e Polydor. Este disco serviu principalmente como unha distracción para Robert Smith e Steven Severin cando os dous estaban baixo un forte estrés nas súas respectivas bandas, The Cure e Siouxsie and the Banshees. Como a Smith a súa discográfica non lle permitía cantar noutra banda, el e Severin recrutaron á bailarina de Zoo Jeanette Landray (unha antiga moza do batería dos Banshees Budgie)[1] para cantar na meirande parte das cancións do lanzamento orixinal; Smith só cantou en "Mr. Alphabet Says" e "Perfect Murder". Outros músicos involucrados no proxecto foron Andy Anderson (que posteriormente uníuse a The Cure), Martin McCarrick (que despois tocou cos Banshees), Ginny Hewes e Anne Stephenson.[2]

Blue Sunshine
Álbum de The Glove
Publicado23 de agosto de 1983
Gravación1983
Xénero(s)post-punk, neo-psicodelia, new wave, dark wave
Selo(s)Wonderland Records, Polydor, Rhino Records
Producido porMerlin Griffiths, Robert Smith, Steven Severin

Severin escribíu as letras de todos os temas agás "Like an Animal", "Sex-Eye-Make-Up", "Perfect Murder", escritas por Smith, e "Punish Me with Kisses", na cal colaboraron os dous.[3]

Publicáronse dous sinxelos do álbum, "Like an Animal" e "Punish Me with Kisses".

En 2006 o álbum foi remasterizado dixitalmente e reeditado por Rhino Records, contando cun disco extra con Smith cantando en demos de estudio de todas os temas en vez de Landray.

En 2013 o disco foi reeditado polo Record Store Day por Polydor (en Europa) e Rhino (nos Estados Unidos) como unha edición de 3 500 copias numeradas en vinilo azul veteado.

Listaxe de canciónsEditar

Toda a música composta por Steven Severin e Robert Smith.

N.º TítuloLetras Duración
1. "Like an Animal"  Smith 4:44
2. "Looking Glass Girl"  Severin 4:56
3. "Sex-Eye-Make-Up"  Smith 4:24
4. "Mr. Alphabet Says"  Severin 3:50
5. "A Blues in Drag"    3:12
6. "Punish Me with Kisses"  Severin, Smith 3:40
7. "This Green City"  Severin 4:34
8. "Orgy"  Severin 3:19
9. "Perfect Murder"  Smith 4:28
10. "Relax"    6:03
Cancións extra de 1990
N.º TítuloLetras Duración
11. "Mouth to Mouth"  Smith 5:35
12. "The Tightrope"    3:12
13. "Like an Animal" (12" Club What Club? mix)Smith 6:35

NotasEditar

  1. "The Glove’s Jeanette Landray | Interview plus Artwork". www.post-punk.com. Consultado o 2020-01-18. 
  2. "The Glove (thegl0ve) on Myspace". Myspace. Consultado o 2020-01-18. 
  3. "Punish Me With Kisses". stevenseverin.com. 2002-08-14. Consultado o 2020-01-18.