Blue Monday (data)

O Blue Monday (literalmente, «luns azul» en inglés; tamén coñecido en galego como luns triste) é un termo dado xeralmente ao terceiro luns de xaneiro o cal é cualificado, falazmente ata a data, como o día máis triste do ano.[1][2] O termo foi publicado por primeira vez en 2005 como parte dunha campaña publicitaria de Sky Travel, realizada pola empresa de comunicación Porter Novelli, pola diminución de reservas que sufrira en 2004.[3] Sky Travel afirmaba naquel entón cuantificar dita data a través dunha ecuación.[2][4]

O termo foi publicado nun comunicado de prensa por Cliff Arnall , quen entón era profesor no Centro De Aprendizaxe de Lifelong, adxunto á Universidade de Cardiff.[cita [Cómpre referencia] Ben Goldacre, columnista de The Guardian, informou que o comunicado de prensa, que relataba a ecuación, fora entregado, xa escrito, a varios académicos pola axencia de relacións públicas Porter Novelli, quen lles ofreceu diñeiro por engadir os seus nomes ao mesmo.[1] Posteriormente The Guardian publicou unha declaración da Universidade de Cardiff na cal se distanciaban de Arnall, comentando que foi un antigo profesor a tempo parcial na universidade que se retirou en febreiro de 2006.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Goldacre, Ben (16 de decembro de 2006). "MS = media slut, but CW = corporate whore". The Guardian (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Burnett, Dean (16 de xaneiro de 2012). "Blue Monday: a depressing day of pseudoscience and humiliation". The Guardian (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  3. "Llega el Blue Monday" (en español). Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  4. Jan 20, posabilitymagazine | (20 de xaneiro de 2020). "Blue Monday is bad and you shouldn't feel bad about ignoring it" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  5. Goldacre, Ben (18 de novembro de 2006). "How GxPxIxC = selling out to your corporate sponsor". The Guardian (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2015.