Blue Bell Knoll é o quinto álbum de estudio da banda escocesa de rock alternativo Cocteau Twins, publicado o 19 de setembro de 1988 a través do selo 4AD.

Blue Bell Knoll
Álbum de Cocteau Twins
Publicado19 de setembro de 1988
Duración35:17
Xénero(s)dream pop
Selo(s)4AD
Producido porCocteau Twins
Cronoloxía
The Moon and the Melodies
(1986)
Blue Bell Knoll Heaven or Las Vegas
(1990)

Este foi o primeiro disco do grupo en ter unha gran distribución nos Estados Unidos, e foi orixinalmente licenciado a Capitol Records por 4AD para a súa edición norteamericana. Despois dun período descatalogado mentres 4AD reclamaba os dereitos de distribución nos Estados Unidos para o seu fondo de catálogo, o álbum (xunto con gran parte do material das bandas do selo) foi remasterizado por Robin Guthrie e reeditado en 2003. Elizabeth Fraser chamou ao álbum así por unha montaña no sur de Utah chamada Bluebell Knoll.[1][2]

En 2014 o álbum foi reeditado en vinilo de 180 gramos usando másters novos de alta definición.[3]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Elizabeth Fraser, Robin Guthrie e Simon Raymonde

N.º Título Duración
1. "Blue Bell Knoll"   3:24
2. "Athol-Brose"   2:59
3. "Carolyn's Fingers"   3:08
4. "For Phoebe Still a Baby"   3:16
5. "The Itchy Glowbo Blow"   3:21
6. "Cico Buff"   3:49
7. "Suckling the Mender"   3:35
8. "Spooning Good Singing Gum"   3:52
9. "A Kissed Out Red Floatboat"   4:10
10. "Ella Megalast Burls Forever"   3:39

Notas editar

  1. "Bluebell Knoll". www.dangerousroads.org (en inglés). Consultado o 2019-12-07. 
  2. "Cocteau Twins: Blue Bell Knoll". cocteautwins.com (en inglés). Consultado o 2023-08-11. 
  3. MARowe (2014-05-23). "Cocteau Twins Classics, Blue Bell Knoll, Heaven Or Las Vegas, To Be Reissued On Remastered 180g Vinyl" (en inglés). Consultado o 2019-12-07.