Bloqueo nervioso

Interrupci¡ón ou bloqueo da condución dun nervio

Bloqueo nervioso ou bloqueo nervioso periférico é unha técnica anestésica na que, deliberadamente, interrómpese a condución nerviosa nun determinado nervio ou grupo de nervios coa finalidade de producir alivio ou abolición da dor. Xunto coa anestesia do neuroexe (epidural e espinal) conforman a anestesia locorrexional. Habitualmente os bloqueos nerviosos pódense realizar en case calquera nervio do corpo humano. O obxectivo é eliminar a condución nerviosa dunha rexión corporal, ben de xeito temporal, para unha intervención cirúrxica; ben a longo prazo para o tratamento da dor crónica. O bloqueo nervioso realízase depositando, a través dunha agulla, diferentes medicacións que actúan sobre as células nerviosas. Fundamentalmente adminístranse anestésicos locais, como a lidocaína. Tamén se poden adminitrar outras substancias que poden prolongar, complementar ou potenciar a acción dos anestésicos locais, como os corticoesteroides, os alfa agonistas (clonidina, dexmedetomidina), opioides, bicarbonato ou antiinflamatorios non esteroideos, entre outros.

Bloqueo nervioso periférico
Clasificación e recursos externos
Bloqueo nervioso realizado mediante ecografía no nervio femoral.
MeSHD009407
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Para localizar o nervio, habitualmente emprégase algunha técnica de imaxe. A máis utilizada é a ecografía, por ser inocua e proporcionar imaxes a tempo real, aínda que tamén se poden empregar a radiografía continua ou a resonancia magnética nuclear.

Segundo a rexión que se bloquea, existen diferentes tipos de bloqueos:

  • Bloqueo de nervio periférico, como por exemplo o nervio femoral.
  • Bloqueo de plexos, como por exemplo o plexo braquial, que inclúe diferentes nervios, troncos ou raíces nerviosas.
  • Bloqueo fascial ou interfascial, no que non se bloquean directamente os nervios, senón fascias musculares que se extenderán a estruturas nerviosas veciñas.
  • Anestesia local ou infiltrativa

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar