Bloque de la Izquierda Asturiana
O Bloque de la Izquierda Asturiana (BIA) foi unha coalición nacionalista asturiana de esquerdas formada por Izquierda Asturiana (IAS), Izquierda Nacionaliega d'Asturies (INA) (escisión de Andecha Astur) e o Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE). Presentouse ás Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1999 nas que obtivo 1366 votos (0,22%); nas eleccións xerais do 2000 só obtivo 1085 votos. Despois, a coalición desfíxose. A partir de Izquierda Nacionaliega d’Asturies e independientes, en 2003 creouse o Bloque por Asturies, que se presentou ás eleccións autonómicas do 2003 en coalición con Izquierda Unida. Pola outra banda, no 2007 IAS, canda outras formacións, creou Unidá Nacionalista Asturiana. O PCPE volveu operar pola súa conta.
Bloque de la Izquierda Asturiana | |
---|---|
Tipo | partido político español |
Ideoloxía | Nacionalismo asturiano |
País | España |
Na rede | |
http://www.bia-asturies.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
Ligazóns externas
editar- www.bia-asturies.org arquivada en web.archive.org. Consultado o 1 de agosto de 2013.