Blanca Jiménez Alonso

promotora cultural galega

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Infotaula de personaBlanca Jiménez Alonso
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de outubro de 2012 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCastropol Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFermín Penzol (1948–) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Blanca era filla de Blanca Alonso Rey, enfermeira, e de Valentín Jiménez Moro, natural da provincia de Zamora que chegara a Ribadeo para exercer como inspector municipal veterinario.[1] Blanca cursou estudos secundarios en Ribadeo e con 19 anos aprobou con brillantes cualificacións o exame de estado na Universidade de Oviedo, estudando posteriormente Maxisterio en Lugo[1].

Estivo casada con Fermín Penzol, e foi presidenta de honor da fundación Penzol de 2001 a 2008 e conselleira da editorial Galaxia.[2]

Recibiu diferentes galardóns pola súa labor de presidenta da Fundación Penzol entre eles o de Galegas Destacadas e a medalla Castelao. Tamén formou parte do plenario do Consello da Cultura Galega ata o ano 2008.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Galega, Consello da Cultura. "Blanca Jiménez Alonso | Album de Galicia". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2024-03-28. 
  2. "Fallece Blanca Jiménez Alonso, viuda de Penzol y presidenta de honor de su Fundación". Faro de Vigo (en castelán). 6/10/2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar