Blanca Jeannette Kawas

Blanca Jeannette Kawas Fernández, nada en Tela (Honduras) o 16 de xaneiro de 1946 e finada na mesma cidade o 6 de febreiro de 1995, foi unha activista do medio ambiente hondureña, coñecida polo seu papel no rescate de máis de 400 especies de flora e fauna de Honduras durante os seus últimos anos até o seu asasinato.[1] O Parque nacional Jeanette Kawas é nomeado na súa memoria.

Infotaula de personaBlanca Jeannette Kawas
Biografía
Nacemento(es) Blanca Jeannette Kawas Fernández Editar o valor em Wikidata
16 de xaneiro de 1946 Editar o valor em Wikidata
Tela, Honduras (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte6 de febreiro de 1995 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Tela, Honduras (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHonduras Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista política , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
LinguaCastelán hondureño Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Jeannette Kawas naceu en Tela, Atlántida, estudou na escola "Miguel Paz Barahona" e conseguiu o seu título de Perito Mercantil e Contador Público en 1967, posteriormente comezou a traballar nalgunhas institucións financeiras durante a década de 1970.

Casou con Jim Watt, e entre 1977 e 1979 deu a luz a dous fillos.

A principios de 1980 emigrou cos seus fillos á cidade estadounidense de Nova Orleans, onde estudou computación e obtivo diversos certificados, premios e mencións polo seus logros e excelencia académica. A principios de 1990 comezou o seu papel de traballo na Asociación Hondureña de Ecología. As actividades de Jeannette Kawas e os progresos realizados para preservar 449 especies de plantas, a diversidade de flora e fauna, lagoas costeiras, afloramentos rochosos, pantanos, mangleiros, costas rochosas, praias de area e selva situadas nunha franxa costeira de 40 quilómetros, foron obstáculos para proxectos empresariais.[2]

Asasinato editar

Kawas realizou actos en contra do goberno de Carlos Roberto Reina Idiáquez debido ao outorgamento de títulos de propiedade a campesiños e empresarios nas reservas de Punta Sal, hoxe chamado Parque nacional Jeanette Kawas.

Dous días despois da protesta, o 6 de febreiro de 1995, atopábase na súa casa, ás (19:45 horas) 7:45 p.m. Foi asasinada con arma de fogo por dous sospeitosos, non identificados na súa casa no barrio El Centro, na cidade de Tela, Atlántida. Entre os sospeitosos de asasinato atópanse o coronel Mario Amaya (coñecido como Tigre Amaya), quen se reuniu co sarxento Ismael Perdomo e Mario Pineda (tamén coñecido como Chapin) na xefatura de policía de Tela.[3][4]

Feitos posteriores editar

Como non había interese nos operadores de xustiza de Honduras en aclarar as causas do asasinato, o 13 de xaneiro de 2003, o Equipo de Reflexión, Investigación y Comunicación (ERIC) da Compañía de Xesús e o Centro para la Justicia Internacional (CEJIL) enviaron tres solicitudes individuais á Comisión Interamericana de Dereitos Humanos, nas que responsabilizaba ao Estado de Honduras polos asasinatos de Kawas, Carlos Escaleras e Carlos Luna López.

Notas editar

  1. "Biografía - Janette kawas". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2020. Consultado o 12 de setembro de 2019. 
  2. "Quien fue Jeannette Kawas". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2013. 
  3. https://web.archive.org/web/20150416211543/http://www.honduraslaboral.org/article/honduras-ante-la-corte-interamericana-por-el-asesi/
  4. "Buscador de Jurisprudencia". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2023. Consultado o 12 de setembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar