Blanca Álvarez González

escritora asturiana

Blanca Álvarez González, nada en Cartavio (Coaña) o 8 de setembro de 1957 e finada en Oviedo o 14 de febreiro de 2021, foi unha xornalista, escritora e poetisa española. Entre a súa obra hai poesía, novela e ensaio ademais de literatura infantil e xuvenil.[1][2][3][4]

Blanca Álvarez González
Nome completoBlanca Álvarez González
Nacemento8 de setembro de 1957
Lugar de nacementoCartavio
Falecemento14 de febreiro de 2021
Lugar de falecementoOviedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora, poeta e xornalista
PremiosPremio Alandar de Narrativa Xuvenil
Na rede
Bitraga: 1271
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Cursou estudos de Bacharelato no Instituto Padre Feijoo de Xixón e realizou varios cursos de Dereito e Filoloxía Románica na Universidade de Oviedo.

Durante anos foi coñecida como poeta por gañar o "Premio Internacional de Poesía Cálamo". Posteriormente iniciou colaboracións xornalísticas que compaxina co seu labor literario.[5] Tamén colaborou no diario As como cronista deportiva.

As súas primeiras publicacións ían dirixidas ao público adulto: La agonía de los deseos,[6] Las niñas no hacen ruido cuando mueren, ou Sarajevo-Berlín, billete de ida, en 1999 publicou El escritor asesino. Primeiro publicou novelas, ensaios e reportaxes. Posteriormente empezou a escribir historias para o público infantil.

Con Milú, un perro en desgracia, entrou no White Ravens 2001. En 2002 con Caracoles, pendientes y mariposas, conseguiu o XIII Premio de Literatura Infantil Ala Delta.

Notas editar

  1. "Blanca Álvarez González". Consultado o 16 de xuño de 2016.  Colaboradora del diario La Nueva España,
  2. [1] Enciclopedia de Oviedo
  3. "«Las editoriales solo quieren publicar novela romántica, machista y violenta»". Consultado o 16 de xuño de 2016. 
  4. [2] Arquivado 27 de abril de 2019 en Wayback Machine. Blanca Álvarez González - por Editorial Planeta.
  5. "Blanca Álvarez González". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 16 de xuño de 2016. 
  6. [3] "La agonía de los deseos", ISBN 8479061499, Librería de la Universidad de Toronto