O Blackburn Botha era un avión cuatrimotor británico de recoñecemento e torpedeiro. Foi fabricado por Blackburn Aircraft nas súas factorías en Brough e Dumbarton, sendo un competidor do Bristol Beaufort e entrando en servizo coa Royal Air Force en 1939. O deseño estaba falto de potencia e retirouse rapidamente das operacións.

Blackburn Botha
Tipotorpedeiro
FabricanteBlackburn Aircraft
Primeiro voo28 de decembro de 1938
Introducido12 de decembro de 1939
Retiradosetembro de 1944
Principais usuariosRoyal Air Force
Unidades construídas580

Desenvolvemento e deseño editar

En setembro de 1935 o Ministerio do Aire británico publicou a especificación M.15/35 para un avión de recoñecemento/torpedeiro de tres asentos bimotor. Aceptáronse dous envíos que cumprían os requisitos, o Blackburn Botha e o Type 152 (despois coñecido como Beaufort) de Bristol. Ámbolos dous estaban destinados a utilizar o motor Bristol Perseus de intended to use the 850 hp (634 kW) Bristol Perseus engine. O Ministerio do Aire revisou posteriormente a especificación á M.10/36, que requiría unha tripulación de catro. O incremento de peso significaba que os dous deseños precisaban máis potencia. O Taurus de 1 130 cabalos foi proporcionado ao Beaufort, pero o Botha recibiu só o Perseus X de 880 cabalos.[1]

O Ministerio do Aire pediu 442 Bothas en 1936, ao mesmo tempo que realizu pedidos polo Beaufort. O primeiro voo tivo lugar o 28 de decembro de 1938.[2] O avión fabricouse na factoría de Blackburn en Brough e nunha nova fábrica en Dumbarton, Escocia. En Brough construíronse 380 avións e en Dumbarton 200, facendo un total de 580.[3][4]

Notas editar

  1. Jackson 1968, p. 421
  2. Mason 1994, p. 320
  3. Mondey 1994, p. 38
  4. Jackson 1968, pp. 423-424, 429

Bibliografía editar