Blúmsdei

Blúmsdei é unha novela de Cid Cabido, publicada por Edicións Xerais en maio de 2006.

Blúmsdei
Autor/aCid Cabido
CubertaAnxos Romeo
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.maio de 2006
Formato14,5 x 22 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas128
ISBNISBN 978-84-9782-443-9

TramaEditar

O autor vai narrando en primeira persoa o que lle acontece entre o 31 de maio (día que el califica como blúmsdei) e o 9 de xuño de 2005.

Escribe desde o seu apartamento de Cangas, onde vive cunha estudante de Física bastante máis nova ca el, e alterna a escritura coas visitas a unha leira que ten en Nerga e a diversos locais hostaleiros.

O propósito, desde o primeiro momento, é falar do que aconteceu na noite do 31 de maio no pub Canis Lupus, pero desvíase continuamente desa intención, non contándoo até o final do texto. Así, o resto da novela é un exercicio de escritura mecánica no que diserta sobre as súas diversas preocupacións: lingua e literatura galega, a posible tradución da súa obra, recursos estilísticos, a historia do cine ou mesmo sobre as malas herbas da súa leira.

NarraciónEditar

O resultado é un texto non interrompido no fío narrativo, coas paradas de tempo real indicadas. O rexistro lingüístico afástase da normativa, usando moitos vulgarismos e dialectalismos da zona do Morrazo. Tampouco adoita preocuparse do uso das letras capitais nos nomes propios doutras linguas, empregando a oralidade. Ao tempo, menciona en varias ocasións a posibilidade de que a novela sexa traducida ao castelán, francés ou chinés mandarín, e as dificultades que comportaría.

Hai unha fonda relación cos lectores, e o autor considera que a maioría dos que van ler a súa obra son tamén escritores.

O título de Blúmsdei fai referencia ao Bloomsday celebrado en Dublín cada 16 de xuño, rememorando as vivencias de Leopold Bloom no Ulysses de James Joyce.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar