Bismutinita
A bismutina ou bismutinita é un sulfuro de fórmula Bi2S3. Contén un 81,29% de bismuto, sendo a principal fonte a nivel mundial.[1] Preséntase na natureza como unha especie mineral cinsenta e isomorfa da estibina, cun hábito cristalino moi semellante, predominando as formas aciculares ou tabulares. É soluble en ácido nítrico a altas temperaturas.
Bismutinita | |
---|---|
![]() | |
Fórmula química | Bi2S3 |
Clase | Sulfuros |
Sistema cristalino | Ortorrómbico |
Cor | Gris aceiro claro |
Brillo | Metálico |
Dureza | 2 (escala de Mohs) |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Gris |
Densidade | 6,7 g/cm3 |
Normalmente encóntrase filóns de estaño e ouro a altas temperaturas.
NotasEditar
- ↑ "Bismutina" (en español). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 de maio de 2010.
- ↑ "Bismuthinite Mineral Data" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2010.