Bion-M é o nome dunha serie de satélites rusos adicados á investigación biolóxica, sucesores das naves Bion.[1][2]

Modelo dunha nave Bion-M.

Características editar

Bion-M son as sucesoras das naves Bion para experimentos biolóxicos. Manteñen o deseño xeral das Bion, co módulo de reentrada derivado das naves Vostok pero co módulo de propulsión baseado no dos satélites Yantar, que permite á nave ter certa manobrabilidade e permanecer máis tempo no espazo. As Bion-M van alimentadas mediante paneis solares e poden pasar ata 6 meses no espazo. Teñen unha masa duns 6000 kg, aumentándose a masa útil en 100 kg. Son lanzados mediante foguetes Soiuz 2-1a.[1][2]

Misións Bion editar

Misión[2][1] Data de lanzamento[2][1] Data de regreso[2][1] Resultado[2][1]
Bion-M 1 19 de abril de 2013 19 de maio de 2013 Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2022). "Bion-M" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Bion-M 1, 2, 3 (12KSM)" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar