Binaural
Binaural é o sexto álbum de estudio da banda de rock alternativo estadounidense Pearl Jam, editado o 16 de maio de 2000 a través do selo Epic Records. Tras unha gran xira de promoción do seu anterior disco, Yield, o grupo tomouse un pequeno descanso antes de reunirse novamente cara finais de 1999 para comezar a traballar nun novo álbum. Durante a produción do disco, a banda atopouse con obstáculos como o bloqueo de escritor do vocalista Eddie Vedder e o inicio dun proceso de rehabilitación do guitarrista Mike McCready debido á súa adicción a medicamentos. Binaural estreouse no número 2 da lista Billboard 200.
Binaural | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Pearl Jam | ||||
Publicado | 16 de maio do 2000 | |||
Gravación | setembro de 1999 - xaneiro do 2000 | |||
Estudio(s) | Studio Litho, Seattle, Washington | |||
Duración | 52:05 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Epic Records | |||
Producido por | Tchad Blake, Pearl Jam | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Listaxe de cancións Editar
- "Breakerfall" (Vedder) – 2:19
- "Gods' Dice" (Ament) – 2:26
- "Evacuation" (Cameron, Vedder) – 2:56
- "Light Years" (Gossard, McCready, Vedder) – 5:06
- "Nothing as It Seems" (Ament) – 5:22
- "Thin Air" (Gossard) – 3:32
- "Insignificance" (Vedder) – 4:28
- "Of the Girl" (Gossard) – 5:07
- "Grievance" (Vedder) – 3:14
- "Rival" (Gossard) – 3:38
- "Sleight of Hand" (Ament, Vedder) – 4:47
- "Soon Forget" (Vedder) – 1:46
- "Parting Ways" (Vedder) – 7:17
- Contén a canción oculta "Writer's Block"