Billy Milligan

director de cinema estadounidense

William Stanley Milligan, nado en Miami Beach o 14 de febreiro de 1955 e finado en Columbus o 12 de decembro de 2014, foi un criminal norteamericano diagnosticado con desorde de personalidade múltiple, e de relevante importancia na historia xudicial estadounidense xa que se absolveu ao estar afectado por unha patoloxía mental que non o facía responsable das accións cometidas, malia ser recoñecido como autor dos delitos cometidos. Coa sentenza recoñeceuse a desorde de personalidade múltipe[1] como unha verdadeira patoloxía e non unha neurose como ata daquela.

Billy Milligan
Nacemento14 de febreiro de 1955 e 1955
Lugar de nacementoMiami Beach
Falecemento12 de decembro de 2014 e 2014
Lugar de falecementoColumbus
Causacancro
NacionalidadeEstados Unidos de América
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Súa nai, Dorothy Milligan medrou nunha granxa de Ohio e vivía en Lancaster co seu primeiro home ata que se divorciaron e ela marchou á área de Miami, gañando a vida como cantante e foi vivir con Johnny Morrison, on quen tivo a Billy e outros dous fillos, Jim en outubro de 1953 e Kathy Jo en decembro de 1956. Johnny tiña problemas co xogo e a bebida e acabou suicidándose o 17 de xaneiro de 1959 [2]. Dorothy volveu a Lancaster cos seus fillos e volveu casar co seu marido anterior, o matrimonio durou un ano, e logo en 1963 casou con Chalmer Milligan, ao que despois Billy acusou de abusos[3]. Pasou un tempo ingresado na unidade de psiquiatría dun hospital e con 17 anos entrou na Armada pero logo dun mes o exército dispensouno do servizo[4].

Arresto editar

Milligan entrou en prisión en 1975 en Ohio acusado de violación e atraco á man armada e saíu en 1977 tras concederlle a liberdade condicional e rexistrarse como delincuente sexual. De novo en outubro de 1977 a policía detívoo por violar tres mulleres no campus da Universidade Estatal de Ohio.

A defensa pediu unha avaliación psicolóxica, o doutor Willis C. Driscoll diagnosticouno con esquizofrenia aguda, e a psicóloga Dorothy Turner afirmou que sufría unha desorde de personalidade múltiple. A defensa alegou alienación mental, o que o tribunal lle concedeu, ata recobrar a cordura.

Encarceramento editar

Milligan pasou os anos senguintes en hospitais psiquiátricos públicos, constatándose dez personalidades. Máis tarde o psiquiatra David Caul diagnosticou outras catorce personalidades.

Liberdade editar

En 1988 saíu en liberdade e o 1 de agosto de 1991 os tribunais de Ohio declarárono cordo sen precisar da supervisión psiquiátrica e a partir de 1996 viviu en California.

Notas editar

  1. "Billy Milligan dies at 59; first to use multiple personality defense". Los Angeles Times, 17 de decembro de 2014
  2. Keyes, Daniel (1981). The Minds of Billy Milligan, Random House, p. 131-135. ISBN 0-394-51943-4
  3. Colin Wilson e Donald Seaman (2011) "The Serial Killers: A Study in the Psychology of Violence". Virgin Books, p. 205
  4. Ray Aldridge-Morris (1991) Multiple Personality: An Exercise in Deception Hove:Lawrence Erlbaum, p. 8