Billy McNeill

futbolista británico

William McNeill, nado en Bellshill o 2 de marzo de 1940, foi un futbolista escocés.

Infotaula de personaBilly McNeill

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) William McNeill Editar o valor em Wikidata
2 de marzo de 1940 Editar o valor em Wikidata
Bellshill, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de abril de 2019 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Newton Mearns, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Demencia Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónOur Lady's High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura193 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEscocia Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa central Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1957-1975 Celtic F.C. 486(22) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1961-1967 Scottish Football League XI (en) Traducir 9(0)
1961-1972   Selección de fútbol de Escocia 29(3) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
- Aston Villa F.C. Editar o valor em Wikidata
Premios

UEFA: 37335 WikiTree: McNeil-2336 Editar o valor em Wikidata

Foi un dos Lisbon Lions, é dicir, un dos compoñentes daquel selecto grupo de xogadores que lograron gaña-la Copa de Europa no 1967 pró Celtic FC. Coñecíaselle tamén nos seus tempos de futboleiro coma Cesar polo feito de que era un dos pouquiños xogadores que daquela posuían un coche de seu, lembrando desta maneira ó actor César Romero que facía a fuxida no seu coche no filme orixinal de Ocean's Eleven.

Este defensa central chegou ó Celtic sendo ben mozo dende un equipo de xuvenís chamado Blantyre Victoria no 1957 para quedar no conxunto católico de por sempre coma xogador ata o seu retiro en 1975 e chegando a ser considerado o capitán máis importante do club en toda a súa historia. Fixo 830 aparicións pró equipo de Celtic Park acadando 35 goles e gañouse 29 internacionalidades pola Selección escocesa de fútbol logrando 3 tantos.

Este xogador difícil de canear prós seus rivais, por mor dos seus 1.85 metros e arredor de 90 quilogramos, tamén foi adestrador. Comezou a súa carreira polos banquiños no Clyde F.C. no 1977 para no mesmo ano ir parar ó Aberdeen F.C. antes de volver á súa casa para servir ó Celtic dende 1978. Tras cinco tempadas en Glasgow foi probar sorte en 1983 a Inglaterra primeiro co Manchester City F.C. e despois co Aston Villa F.C. pero sen demasiado bo pé no seu derradeiro ano ó descender ámbolos dous equipos de categoría na mesma tempada (1986-1987). Volta novamente ó Celtic para comezar a dirixi-lo club no ano do seu centenario e tras catro anos futbolísticos dimite. Púxolle punto derradeiro á súa carreira de adestrador no Hibernian mais xa coma un adestrador interino.

Para rematar habería que salientar que foi premiado coa Orde do Imperio Británico grazas a todo o que este futboleiro supuxo pró Celtic mais tamén pró fútbol británico e co galardón de Futbolista escocés do ano segundo a Asociación de Xornalistas do Fútbol Escocés en 1965.