Os billetes de euro, o papel moeda da Eurozona con valores faciais en euros, atópanse en circulación desde 2002, data en que se emitiu a primeira serie. Os bancos centrais nacionais dos países da Eurozona e o Banco Central Europeo están facultados para os emitir, aínda que na práctica soamente os primeiros o fan fisicamente.[1][2]

Billetes de euro da primeira serie ("Épocas e estilos de Europa"), entre 2002 e 2013.

As denominacións dos billetes son sete: 5 EUR, 10 EUR, 20 EUR, 50 EUR, 100 EUR, 200 EUR e 500 EUR. De xeito diferente ás moedas metálicas, que teñen un anverso común e reversos propios de cada Estado, o deseño dos billetes é idéntico en toda a Eurozona, aínda que se imprimen en varios dos países que a compoñen.[3]

Os billetes de euro están fabricados a partir de fibra de algodón puro, o que mellora a súa durabilidade e lles confire un tacto característico.[4] O máis pequeno (5 EUR) mide 120 mm x 62 mm e o máis grande (500 EUR) 160 x 82 mm, e presentan varias combinacións de cores. Estes billetes inclúen numerosas e complexas medidas de seguridade tales como marcas de auga, tintas invisibles, hologramas e microimpresións que avalan a súa autenticidade.[5]

Segundo as estimacións do Banco Central Europeo (BCE), en agosto de 2018, había un total 21.737 millóns de billetes en circulación por toda a Eurozona, cun valor total de 1,193 billóns de euros.[6] O 8 de novembro de 2012, o BCE anunciou que a primeira serie de billetes (coñecida como "Épocas e estilos de Europa") sería substituída por unha nova serie ("Europa"), nun proceso progresivo que comezou co cambio billete de cinco euros o 2 de maio de 2013.[7]

Contexto histórico

editar
 
Os billetes de euro úsanse nos países da Eurozona (azul escuro), e tamén en Kosovo e en Montenegro (azul claro)

O euro entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1999. A súa creación fora un obxectivo da Unión Europea (UE) e dos seus predecesores desde a década de 1960.[8] O Tratado de Maastricht entrou en vigor en 1993 coa meta de crear unha unión económica e monetaria en 1999 para todos os Estados membros da UE, coas excepcións do Reino Unido e de Dinamarca (aínda que este último aplica un tipo de cambio fixo co euro).[9]

En 1999, a moeda naceu virtualmente, como unidade de conta, coexistindo coas anteriores moedas nacionais, e o 1 de xaneiro de 2002 comezaron a circular os billetes e moedas coas novas denominacións, ata se expandir por case toda a Unión Europea.[10][11] En 2009, no Tratado de Lisboa formalizouse a autoridade política do euro, o Eurogrupo, xunto co Banco Central Europeo.[12][13]

Eslovenia uniuse á Eurozona en 2007, Chipre e Malta fixérono en 2008, Eslovaquia en 2009, Estonia en 2011, Letonia en 2014 e Lituania en 2015.[14][15][16][17][18][19]

Primeira serie: "Épocas e estilos de Europa"

editar

Denominacións e especificacións

editar

A cada denominación destes billetes correspóndelle unha cor e tamaño característicos. O deseño de cada un está baseado na arquitectura europea en varios períodos artísticos. Os seus anversos amosan portas e fiestras, como símbolo do espírito de apertura e cooperación de Europa, mentres que as súas parte traseira reproducen imaxes de pontes, metáfora da unión dos pobos europeos entre si e co resto do Mundo. Tívose coidado en que os exemplos arquitectónicos non representasen monumentos existentes para evitar controversia de cales deberían ser os elixidos.[20]

Os elementos comúns a todos os billetes son a bandeira europea, as iniciais do Banco Central Europeo en cinco versións (BCE, ECB, EZB, ΕΚΤ, EKP), un mapa de Europa no reverso, o nome "euro" nos alfabetos latino e grego, e as 12 estrelas da bandeira da Unión Europea.[21][22]

Os deseños dos billetes foron escollidos de entre 44 propostas presentadas ao concurso promovido polo Consello do Instituto Monetario Europeo o 12 de febreiro de 1996. O deseño gañador, creado polo austríaco Robert Kalina, foi elixido o 3 de decembro dese mesmo ano." [23][24][25]

Primeira serie: "Épocas e estilos de Europa" (2002-2013)[26]
Imaxe Valor Dimensións Peso[27] Cor principal Descrición
Anverso Reverso Arquitectura Período
    5 EUR 120 × 62 mm 0,6 g       Gris Clásica Ata o século V
    10 EUR 127 × 67 mm 0,7 g       Vermello Románica Séculos XI e XII
|    20 EUR 133 × 72 mm 0,8 g       Azul Gótica Séculos XIII e XIV
    50 EUR 140 × 77 mm 0,9 g       Laranxa Renacentista Séculos XV e XVI
    100 EUR 147 × 82 mm 1,0 g       Verde Barroca e rococó Séculos XVII e XVIII
    200 EUR 153 × 82 mm 1,1 g       Amarelo Modernista Séculos XIX e XX
    500 EUR 160 × 82 mm 1,1 g[28]       Violeta Moderna Séculos XX e XXI

As rexións ultraperiféricas da Unión Europea que aparecen reflectidas nos billetes son: Azores, Güiana francesa, Guadalupe, Illas Canarias, Madeira, Martinica e Reunión. Chipre e Malta non se amosan nesta primeira serie, xa que se uniron á Unión Europea en 2004. Ademais, Malta é demasiado pequena para se poder incluír, xa que o tamaño mínimo é de 400 km² e Chipre está demasiado ao leste. Ambos os países aparecen xa, no entanto, na segunda serie.[29][30]

Sinaturas

editar

Todos os billetes de euros levan a sinatura do presidente do Banco Central Europeo no momento da súa impresión. Os primeiros exemplares levaban a de Wim Duisenberg, o seu primeiro presidente, e en novembro de 2003 foi substituída pola do seu sucesor Jean-Claude Trichet, que estivo vixente ata marzo de 2012.[31] O 1 de novembro de 2011, Mario Draghi converteuse no terceiro presidente da institución, e os billetes pasaron a exhibir a súa sinatura partir de marzo de 2012.[32][33]

Sinaturas dos presidentes do BCE nos billetes da primeira serie
Nome Presidencia Sinatura Comezo da sinatura
    Wim Duisemberg 1998-2003   Xaneiro de 2002
    Jean- Clausde Trichet 2003-2011   Novembro de 2003
    Mario Draghi > 2011   Marzo de 2012

Códigos do país emisor

editar

De xeito semellante ás marcas de ceca nas moedas, nos billetes pode identificarse o seu país de emisión a partir da primeira letra do seu número de serie. Este código de país está no seu reverso (a letra do número de serie). Asignouse unha letra do alfabeto co criterio da orde alfabética inversa do nome de cada país da Unión Europea (formada daquela por 15 países) no seu idioma orixinal, incluíndo tamén aqueles nos que aínda non adoptaron o euro. Os países que se foron incorporando á Eurozona posteriormente foron engadidos por orde cronolóxica.[34][35]

Códigos de identificación nacional
Código Estado Díxito de verificación
En galego Na lingua orixinal
Z   Bélxica België/Belgique/Belgien 9
Y   Grecia Ελλάδα [Ellada] 1
X   Alemaña Deutschland 2
(W)   Dinamarca Danmark (3)
V   España España 4
U   Francia France 5
T   Irlanda Éire/Ireland 6
S   Italia Italia 7
(R)   Luxemburgo Luxembourg/Luxemburg/Lëtzebuerg (8)
(Q) Sen uso
P   Países Baixos Nederland 1
(O) Sen uso
N   Austria Österreich 3
M   Portugal Portugal 4
L   Finlandia Suomi/Finland 5
(K)   Suecia Sverige (6)
(J)   Reino Unido United Kingdom (7)
(I) Sen uso
H   Eslovenia Slovenija 9
G   Chipre Κύπρος [Kípros]/Kıbrıs 1
F   Malta Malta 2
E   Eslovaquia Slovensko 3
D   Estonia Eesti 4

Os códigos W, K e J están reservados para membros da Unión Europea que non están na Eurozona, mentres que o R está reservada para Luxemburgo que, malia formar parte da Eurozona, non emite billetes.

As posicións de Dinamarca e Grecia foron cambiadas, posto que o Y é tamén unha letra do alfabeto grego, mentres que o W non o é.

 
Código de impresor "R" (Berlín) nun billete de 10 euros.

Códigos de identificación do impresor

editar

Nos anversos dos billetes aparecen, así mesmo uns códigos correspondentes ao impresor, ben dentro dun rectángulo (5 e 50 euros), ben nunha estrela (10, 20 e 500 euros) ou ben integrados na decoración de fondo preto do motivo central (100 e 200 euros). Este código está composto por unha letra seguida de tres díxitos, unha letra máis e un derradeiro díxito. A primeira letra indica o organismo que imprimiu o billete, o número de tres díxitos seguinte é o da matriz utilizada na impresión e, finalmente, a letra e o número finais indican a posición do billete na prancha na súa impresión. Cada prancha pode ter ata dez ringleiras (representadas do A ao K) e seis columnas (do 1 ao 6).[36][37]

Por exemplo, un billete co código de impresor L068B6 foi fabricado polo Banco de Francia en Chamalières, coa matriz número 68 e estaba situado na segunda ringleira da sexta columna da prancha de impresión.

Códigos de identificación do impresor dos billetes da primeira serie
Letra Impresor Localización Destino dos billetes
A Bank of England   Reino Unido (Londres)
C Tumba pappersbruk   Suecia (Tumba)
D Gemalto   Finlandia (Vantaa) Finlandia (L)
E François-Charles Oberthur Fiduciaire   Francia (Chantepie) Eslovenia (H), Finlandia (L), Francia (U), Países Baixos (P), Alemaña (X), Chipre (G), Eslovaquia (E)
F Oesterreichische Banknoten und Sicherheitsdruck GmbH   Austria (Viena) Países Baixos (P), Austria (N), Italia (S), Grecia (Y)
G Johan Enschedé & Zonen   Países Baixos (Haarlem) Países Baixos (P), Austria (N), España (V), Grecia (Y), Chipre (G), Malta (F), Alemaña (X), Finlandia (L), Eslovenia (H), Eslovaquia (E)
H De La Rue   Reino Unido (Gateshead) Finlandia (L), Portugal (M), Irlanda (T), Países Baixos (P)
J Banca d'Italia   Italia (Roma) Italia (S)
K Central Bank of Ireland   Irlanda (Dublín) Irlanda (T)
L Banque de France   Francia (Chamalières) Francia (U)
M Fábrica Nacional de Moneda y Timbre   España (Madrid) España (V)
N Τράπεζα της Ελλάδος   Grecia]] (Atenas) Grecia (Y)
P Giesecke & Devrient   Alemaña (Leipzig) Finlandia (L), Francia (U), Alemaña (X), Grecia (Y), Países Baixos (P), Portugal (M)
R Bundesdruckerei   Alemaña (Berlín) Alemaña (X), Grecia (Y), Países Baixos (P), Estonia (D)
S Danmarks Nationalbank   Dinamarca
T Banque nationale de Belgique   Bélxica (Bruxelas) Bélxica (Z), Francia (U), España (V)
U Valora   Portugal (Carregado) Portugal (M)

Elementos de seguridade

editar
 
Banda holográfica do billete de 5 euros.

O Banco Central Europeo fixo públicas algunhas das características de seguridade máis básicas dos billetes de euro, para permitir así ao público a determinación rápida da autenticidade ou a falsidade dos billetes circulantes. Con todo, co fin de preservar a súa seguridade, a lista completa destes dispositivos é un segredo celosamente gardado. Segundo os datos coñecidos, os billetes de euro inclúen polo menos trinta dispositivos de seguridade diferentes, entre os que cabe salientar os seguintes:[38]

  • Hologramas. Os billetes de 5, 10 e 20 euros están dotados dunha banda vertical holográfica á dereita do anverso, que ocupa toda a altura do billete e que amosa repetitivamente a súa denominación (por exemplo: "5 € 5 € 5 €...", no caso do billete de 5 euros). Nos billetes de 50, 100, 200 e 500 euros, o holograma non é unha banda vertical completa, senón un motivo de menor tamaño.
 
Tinta de cor variable no billete de 50 euros.
  • Tinta de cor variable. Aparece no recanto inferior dereito do reverso dos billetes de 50 euros e superiores. Ao observar a denominación desde distintos ángulos, a cor da tinta cambia entre verde e púrpura.
  • Suma de verificación. Cada billete ten un número de serie único. O derradeiro díxito do número de serie é un díxito de verificación que, de ser o billete verdadeiro, debe cumprir o seguinte: substitúese a letra inicial pola súa orde no alfabeto internacional, que non recolle o "ñ" (por exemplo: o "a" é 1; o "z" é "26"); logo súmase co resto da serie e obtense un resultado, o cal debe ser 8; se o resultado é un número de dous díxitos, súmanse estes ata que haxa un número dun só díxito, que debe ser 8. Por exemplo, partindo do número de serie Z10708476264, substitúese a letra e queda 2610708476264. A partir de aí actúase do seguinte xeito: 26 + 1 + 0 + 7 + 0 + 8 + 4 + 7 + 6 + 2 + 6 + 4 = 71; 7 + 1 = 8. Xa que logo, este sería un número de serie legal.
  • Constelación EURión. Os billetes de euro conteñen un padrón coñecido como constelación EURIón, que se pode usar para detectar que se trata dun billete a fin de impedir ou, polo menos, dificultar a súa reprodución en fotocopiadoras. xa que moitas destas máquinas están programadas para rexeitar as imaxes que inclúan este padrón (as normas sobre reprodución de billetes en euros publicáronse no Diario Oficial da Unión Europea do 25 de marzo de 2003).[39]
  • Marcas de auga
  • Estándar. Cada denominación imprímese sobre un papel cunha marca de auga única, o que se pode comprobar observando o papel a contraluz.
  • Dixital. Do mesmo xeito que a constelación EURión, os billetes tamén incorporan unha marca de auga dixital. Nas versións máis recentes de varios editores de imaxes, como é o caso de Adobe Photoshop, resulta imposible, xa que logo, traballar con imaxes de billetes. Este sistema denomínase Counterfeit Deterrence System (CDS) e foi desenvolvido polo Grupo de Bancos Centrais para a Disuasión das Falsificacións.[40]
 
Un billete de 5 euros visto con luz infravermella.
 
Billete de 50 euros visto con luz ultravioleta
  • En infravermello e ultravioleta. Cando se iluminan con luz do infravermello próximo, os billetes amosan algunhas áreas máis escuras ca outras en diferentes zonas da súa superficie, en función da súa denominación. A luz ultravioleta fai que a constelación EURión apareza con maior contraste e tamén se fan visibles algúns fíos fluorescentes.
  • Rexistro de impresión. O valor do billete no recanto superior esquerdo do anverso non está completamente impreso, de igual xeito que o valor da esquina superior dereita do reverso. Porén, ao ver o billete a contraluz, a denominación pódese ver completa. Os billetes auténticos amosan un aliñamento perfecto (denominado "rexistro") entre o anverso e o reverso. Se o billete non se tivo un proceso correcto de impresión, por exemplo por se tratar dunha falsificación, o valor pode aparecer inadecuadamente aliñado.
  • Impresión en relevo. Algunhas áreas dos billetes teñen unha textura diferente ao resto; por exemplo, os caracteres "BCE ECB EZB EKT EKP" están impresos en relevo.
  • Código de barras. Ao observalos a contraluz, pódese ver unha serie de barras á dereita da marca de auga. O número e a anchura destas barras indica o valor do billete. Se se escanean, estas barras convértense en codificación Manchester. Visto desde o reverso, unha barra escura representa un 1 e unha barra clara representa un 0)
Codificación Manchester
Valor Código de barras Manchester
5 EUR 0110 10 100
10 EUR 0101 10 110
20 EUR 1010 1010 0000
50 EUR 0110 1010 1000
100 EUR 0101 1010 1100
200 EUR 0101 0110 1110
500 EUR 0101 0101 1111
  • Fío de seguridade. É un fío negro magnético que está un pouco á esquerda do centro do billete e que o cruza verticalmente. Vese só a contraluz e amosa a denominación do billete xunto coa palabra "EURO".
 
Número de serie magnético nun billete en euros, gravada con CMOS-MagView.
  • Tinta magnética. Algunhas zonas do billete están impresas con tinta magnética; por exemplo, na igrexa do billete de 20 euros, a xanela que está máis á dereita está impresa deste xeito, igual que o cero grande que está encima.
 
Microimpresión.
  • Microimpresión. As liñas de textura que hai na parte de abaixo, por exemplo as que están aliñadas á dereita da palabra "ΕΥΡΩ" no billete de 10 euros, realmente amosan a secuencia "EURO ΕΥΡΩ" cunha letra moi pequena.
  • Banda iridiscente. O símbolo do euro e a denominación do billete aparecen nunha banda vertical do reverso só cando a luz que a ilumina o fai nun ángulo de 45°. Isto só está presente nos billetes de 5, 10 e 20 euros.

Segunda serie: "Europa"

editar

Á parte do xa mencionado cambio de sinatura dos presidentes do Banco Central Europeo, todos os billetes de cada denominación son iguais nos primeiros anos da súa emisión. Respondendo ao plan da autoridade monetaria de redeseñar os billetes cada sete ou oito anos despois da súa primeira posta en circulación, en maio de 2013 comezou a implantación progresiva dunha segunda serie con novas técnicas para evitar a súa falsificación e xa coa incorporación de Chipre e Malta no deseño dos billetes.[41] Para este redeseño, o BCE escolleu un deseñador de billetes independente, Reinhold Gerstetter, que xa se ocupara anteriormente, entre outros, dos billetes españois.[42][43]

 
Os billetes da serie "Europa", posteriores a maio de 2013, inclúen o cirílico (EBPO), como consecuencia do ingreso de Bulgaria na Unión Europea en 2007.

Nestes novos billetes, a palabra "euro" aparece escrita en tres alfabetos (no canto dos dous da primeira serie), xa que ao latino e ao grego se lles engade o cirílico (ЕВРО), logo da incorporación de Bulgaria á Unión Europea en 2007.[44]

Outra novidade é a ampliación das variantes das siglas do Banco Central Europeo, para recoller os novos idiomas dos estados que se foron sumando á Unión Europea neses anos. As iniciais aparecen nesta orde:[45]

 
Rostro de Europa no billete de 20 euros.

Esta segunda serie amosa un retrato de Europa —personaxe da mitoloxía grega raptada por Zeus que lle deu nome ao continente— na marca de auga e no holograma.[70][71] Os novos billetes vanse introducindo de xeito gradual ao longo de varios anos, comezando polo de 5 euros en maio de 2013 e continuando co de 10 euros en setembro de 2014, o de 20 euros en novembro de 2015, o de 50 euros en abril de 2017 e os de 100 euros e 200 euros en maio de 2019.[72][73][74] O 4 de maio de 2016, o Banco Central Europeo decidiu non emitir un billete de 500 euros dentro da serie Europa.[75]

Os novos billetes son unha evolución e, malia manteren o deseño de "épocas e estilos" da primeira serie e amosaren as mesmas cores dominantes, modificáronse para incorporar os elementos de seguridade mellorados. O seu deseño fíxose público en Frankfurt o 10 de xaneiro de 2013.[76][77]

A circulación dos billetes da primeira serie seguirá estando vixente ata que o Banco Central Europeo dea a orde aos bancos nacionais da súa retirada de circulación.[78]

Segunda serie: "Europa" (>2013)[79]
Imaxe Valor Emisión Dimensións Cor principal Descrición
Anverso Reverso Arquitectura Período
    5 EUR 2013 120 × 62 mm       Gris Clásica Ata o século V
    10 EUR 2014 127 × 67 mm       Vermello Románica Séculos XI e XII
    20 EUR 2015 133 × 72 mm       Azul Gótica Séculos XIII e XIV
    50 EUR 2017 140 × 77 mm       Laranxa Renacentista Séculos XV e XVI
    100 EUR 2019 147 × 77 mm       Verde Barroca e rococó Séculos XVII e XVIII
    200 EUR 2019 153 × 77 mm       Amarelo Modernista Séculos XIX e XX

Sinaturas

editar

Os primeiros billetes desta segunda serie levan tamén a sinatura de Mario Draghi, presidente do Banco Central Europeo, cuxo mandato comezou en novembro de 2011 e ten a súa finalización prevista para novembro de 2019.[80]

Sinaturas dos presidentes do BCE nos billetes da segunda serie
Nome Presidencia Sinatura Comezo da sinatura
    Mario Draghi > 2011   Maio de 2013

Códigos de identificación do impresor

editar

O número de serie dos billetes da segunda serie consta de dúas numeracións presentes nos seus reversos: un número horizontal impreso en negro e un número vertical da cor de cada valor en concreto. O número horizontal está composto por dúas letras e dúas cifras, en tanto que o vertical o forman só as seis cifras derradeiras do número horizontal. O código de identificación do país emisor desaparece dos billetes desta segunda serie.[81][82]

Á contra da primeira serie, a primeira letra do número de serie pasa a designar agora a institución impresora do billete. A segunda serie segue unha orde alfabética e non ten unha significación concreta, máis que a de permitir un maior número de combinacións posibles, con respecto á primeira serie.[83][84]

Códigos de identificación do impresor dos billetes da segunda serie
Letra Impresor Localización
A (Non atribuída)
B (Non atribuída)
C (Non atribuída)
D Polska Wytwórnia Papierów Wartościowych
E François-Charles Oberthur Fiduciaire   Francia (Chantepie)
F (Non atribuída)
G (Non atribuída)
H De La Rue Currency   Reino Unido (Loughton)
J De La Rue Currency   Reino Unido (Gateshead)
K (Non atribuída)
L (Non atribuída)
M Valora   Portugal (Carregado)
N Oesterreichische Banknoten und Sicherheitsdruck GmbH   Austria (Viena)
P Johan Enschedé & Zonen   Países Baixos (Haarlem)
R Bundesdruckerei   Alemaña (Berlín)
S Banca d'Italia   Italia (Roma)
T Central Bank of Ireland   Irlanda (Dublín)
U Banque de France   Francia (Chamalières)
V Fábrica Nacional de Moneda y Timbre   España (Madrid)
W Giesecke & Devrient   Alemaña (Leipzig)
X Giesecke & Devrient   Alemaña (Múnic)
Y Τράπεζα της Ελλάδος   Grecia (Atenas)
Z Banque nationale de Belgique   Bélxica (Bruxelas)

Cómpre subliñar que unha gran parte dos códigos dos impresores retoma os identificadores dos países da primeira serie: J, M, N, P, S, T, U, V, X, Y e Z.

Elementos de seguridade da segunda serie

editar

En palabras de Mario Draghi en xaneiro de 2013, a serie Europa "será máis intelixentee segura que a primeira serie". Xa que logo, en relación aos billetes da primeira serie, estes da segunda levan elementos de seguridade reforzados co fin de loitar máis eficazmente contra a falsificación.[85] Neles póñense en práctica novas técnicas relacionadas coa variación de cor, as bandas holográficas, a súa visión baixo luz ultravioleta etc. O 8 de novembro de 2012 coñecíanse tres novos elementos presentes nos billetes de 5 euros da segunda serie: o retrato en marca de auga, o retrato holograma e o número esmeralda. Estes son algúns dos elementos de seguridade coñecidos:[86]

  • Papel. O papel ten unha textura particular distintiva "firme e rechiante").
  • Impresión en relevo. O motivo principal, as letras e a cifra de grande dimensión que indican o valor presentan un efecto en relevo creado mediante unha técnica de gravado en cruz. Con respecto á primeira serie, engádese nos anversos desta segunda unha serie de pequenas liñas impresas en relevo sobre os bordos, á dereita e á esquerda, para lles facilitar o recoñecemento dos billetes ás persoas con deficiencias visuais.[87]
  • Retrato na marca de auga e no holograma. Todas as denominacións de billetes desta segunda serie están impresas nun papel coa súa respectiva marca de auga. Observando o billete contra a luz, faise visible a imaxe antes borrosa do valor do billete e unha fiestra, así como o retrato da deusa Europa que xa se vía na primeira serie
  • Fío de seguridade. Visible contra a luz, este fío magnético negro aparece no centro dos billetes baixo a forma dunha banda escura na que é visible o valor do billete e o símbolo do euro ("€") (no canto da palabra "EURO" da primeira serie) en letras brancas dun tamaño moi pequeno.
  • Retrato en holograma. No anverso dos billetes preséntase unha banda holográfica prateada (na mesma posición, aínda que máis fina que na primeira serie), que contén a denominación (o valor), o símbolo "€" e palabra "EURO", ademais do retrato da deusa Europa e a ventá que non estaban na primeira serie.[88]
  • Número esmeralda. Trátase dun número brillante no recanto inferior dereito do anverso dos billetes. Cando se observa desde ángulos diferentes, desprázase un efecto luminoso de arriba a abaixo e de abaixo a arriba, e a cor pasa do verde esmeralda ao azul profundo.
  • Microimpresións. En diferentes partes dos billetes aprécianse unhas series de letras minúsculas lexibles con lupa.
  • Propiedades baixo luz infravermella. Nos anversos, baixo o número esmeralda, a parte dereita do motivo principal e a banda prateada son visibles baixo unha lámpada infravermella. Nos reversos, só se ven o valor facial e o número de serie.
  • Propiedades baixo luz ultravioleta simple. Con esta luz, o papel é escuro e non emite luz viva, e vólvense visibles unhas pequenas fibras incorporadas no papel, en tres cores diferentes. No anverso, as estrelas da bandeira da UE, uns pequenos círculos, as grandes estrelas e outras partes do billete aparecen en amarelo, en tanto que no reverso, un cuarto de círculo situado no centro do billete e outros elementos emiten unha luz verde, ao tempo que o número de serie horizontal e unha banda aparecen en vermello.
  • Propiedades baixo luz ultravioleta especial. No anverso, os pequenos círculos situados no centro do billete emiten unha luz amarela, mentres que as estrelas grandes e outros motivos reaparecen en laranxa. O símbolo "€" faise tamén visible.
  • Constelación de EURion. Sen cambios con respecto á primeira serie.
  • Suma de verificación. Sen cambios con respecto á primeira serie

Denominacións inferiores

editar

Propostas de billetes de 1 e 2 euros

editar

Italia, Grecia, Austria e Eslovenia solicitaron en repetidas ocasións a introdución de denominacións inferiores de billetes de euro.[89][90] O Banco Central Europeo indicou que “imprimir un billete de 1 euro é máis caro (e dura menos) que cuñar unha moeda do mesmo valor”. O 18 de novembro de 2004, o Banco Central Europeo decidiu definitivamente que non había suficiente demanda na Eurozona de billetes en denominacións pequenas.

Porén, o 25 de outubro de 2005, máis da metade dos membros do Parlamento Europeo presentaron unha moción invocando a Comisión Europea e o Banco Central Europeo para que recoñecesen definitivamente a necesidade de introducir billetes de 1 e de 2 euros.[91][92]

Billetes de 0 euros

editar

Doutra banda, o Banco Central Europeo deu permiso ao estado alemán de Schleswig-Holstein para pór en circulación a primeira tirada de billetes de 0 euros. Trátase dunha moeda dirixida a coleccionistas e turistas que pasen polo estado, co obxectivo de que poidan levar un recordo da súa experiencia. O billete, coñecido como Der Null-Euro-Schein richte, carece de valor real, polo que non ten uso no mercado. No entanto, para comprar un destes exemplares cómpre pagar 2,5 euros.[93][94][95]

Supresión do billete de 500 euros

editar
Artigo principal: Billete de 500 euros.

Dado o elevado valor deste billete (o cuarto maior do mundo entre os billetes en circulación en novembro de 2010), a metade da poboación europea non tivo ningún deles nas súas mans.[96] Porén, este billete representa por si mesmo un terzo da masa monetaria dos billetes en euros, para un valor que atinxía os 288.000 millóns de euros en xaneiro de 2013. Unha cuarta parte dos billetes de 500 euros (72.000 millóns de euros, ou 144 millóns de exemplares) circula unicamente en España e, neste país, o 75 % do efectivo circulante éo en billetes de 500 euros.[97][98]

Os billetes dun valor semellante permiten o transporte de importantes sumas de diñeiro nun escaso volume, o que favorece a circulación diñeiro procedente de actividades ilícitas. Isto constátase particularmente despois do inicio de 2012, cando se puxo en práctica a rastrexabilidade das operacións bancarias internacionais. Ademais, as sancións relativamente moderadas por non informar acerca do transporte de diñeiro líquido ao estranxeiro (que van do 0 ao 25 % da cantidade transportada) non favorecen a redución desta actividade.[99]

Tendo en conta esta situación, algúns países tomaron en consideración a supresión total deste billete. Baseándose no argumento de que a maioría se utuilizan para a fraude, o Reino Unido, mesmo sen ser un país da Eurozona, decidiu prohibir o seu uso e, ao outro lado do Atlántico, os Estados Unidos paralizaron a fabricación dos billetes de 500 dólares para loitar contra a mafia. Do mesmo xeito, o executivo francés solicitou repetidamente ao Banco Central Europeo a supresión desta denominación, decisión que, en calquera caso, só poderá recaer no Consello de Gobernadores dos Bancos Centrais Europeos, co acordo dos Estados Membros. Alemaña é, a priori, é desfavorable á supresión, xa que a súa poboación está moi afeita a pagar en líquido mesmo cantidades importantes.[100]

En relación coa segunda serie ("Europa"), o presidente do BCE, Mario Draghi declarara inicialmente que esta consistiría nos mesmos valores que a primeira. Porén, o 4 de maio de 2016, o BCE anunciou oficialmente que deixaría de producir e de pór en circulación billetes de 500 euros en 2018 e que a serie Europa xa non incluiría este valor. Os billetes existentes no mercado manteranse e poderase intercambiar cos bancos centrais nacionais do Eurosistema durante un período de momento ilimitado. A partir desta decisión, os billetes de 500 euros están a chegar en grandes cantidades aos bancos centrais; e este feito, en combinación co feito de que (coa excepción de Austria e Alemaña), teñen moi pouca repercusión na vida cotiá das persoas, hai unha grande probabilidade de que, de feito, a súa función se limite no futuro a un valor de reserva e de aforro.[101]

  1. Scheller (2006). Páxina 112.
  2. "What is the euro area?". European Comission.
  3. "Les caractéristiques des billets et des pièces en euro". Banque de France.
  4. "En quelle matière sont faits les billets de banque ?" CNews. 4 de novembro de 2016.
  5. "Especificaciones técnicas de los billetes en euros". En Los billetes y monedas en euros. Banco Central Europeo.
  6. "Banknotes and coins circulation". European Central Bank.
  7. "Serie Europa de billetes en euros". Banco Central Europeo.
  8. "Introducción". Banco Central Europeo.
  9. "The history of the euro". En Financial Times. 12 de xullo de 2001.
  10. Pouvelle, Cyril. "Le rôle international de l’euro depuis 1999". En Bulletin de la Banque de France. Direction des Relations Internationales et Européennes. Marzo de 2006.
  11. "L’utilisation de l’euro". Banco Central Europeo.
  12. "Historia del Eurogrupo". Consello da Unión Europea.
  13. Juncker, Jean-Claud. "Letter from the President of the Eurogroup to euro area Finance Ministers, the European Commissioner for Economic and Monetary Affairs and the President of the European Central Bank".
  14. "Slovenia joins the euro area". European Comission. 27 de xaneiro de 2017.
  15. "Cyprus and Malta adopt the euro". BBC News. 1 de xaneiro de 2018.
  16. "Slovakia Joins Decade-Old Euro Zone". En Bloomberg. 31 de decembro de 2008.
  17. "Estonia to join euro zone in 2011". En RTE. 13 de xullo de 2010.
  18. "Latvia to Join Euro Zone on Jan. 1" En The Wall Street Journal. 9 de xullo de 2013.
  19. "Lithuania Adopts Euro as Russian Worries Rattle Baltics". En Calamatta Cuschieri. 2 de xaneiro de 2015.
  20. "Imágenes arquitectónicas". En Elementos del diseño". Banco Central Europeo.
  21. Linares, Dora. "Historia del euro". En Gestiópolis. 13 de xaneiro de 2005.
  22. "Billets et pièces Euro: les caratéristiques techniques". Parlement Europeen.
  23. ECB (2009). Páxinas 82-83.
  24. "¿Cómo se pensaron y diseñaron los billetes del euro?". En Nuevatribuna.es. 7 de xullo de 2017
  25. "Robert Kalina – Schöpfer der Euro Banknoten". En http://www.geldschein.at.
  26. "Billetes de euros: denominaciones, especificaciones, reproducción, canje y retirada". En EUR-Lex.
  27. "Curiosidades de los billetes de Euro: El peso". En Gadgets coriosos. 15 de abril de 2013.
  28. Grau, Olga. "Billetes de 500: cuando el peso sí importa". En El Periódico. 7 de maio de 2016.
  29. "El euro fuera de Europa". Banco Central Europeo.
  30. "Mapa de Europa[Ligazón morta]". En Elementos de diseño. Banco Central Europeo.
  31. "Euro banknotes with the signature of the ECB President, Jean-Claude Trichet". Banco Central Europeo.
  32. "Firmas". En Elementos del diseño[Ligazón morta]. Banco Central Europeo.
  33. "Billetes de euros con sus distintas firmas". En MicroMundos. 17 de novembro de 2013.
  34. "Códigos de país en la primera serie de billetes". En Elementos de diseño[Ligazón morta]. Banco Central Europeo.
  35. "Los códigos actualizados en los billetes de los países de la Eurozona Arquivado 15 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". Numismaticodigital.com.
  36. Cobo Huici, Ramón. "Planchas de grabado de billetes euro". En. Eltroc.com. 24 de abril de 2011
  37. "Firmas y planchas españolas en los billetes de Euro". En Numisjmgnozal.wordpress.com. 11 de novembro de 2012.
  38. Rodríguez-Varela Grandal, Alejandra. "Las falsificaciones documentales. Los billetes de banco". En Monografías.com.
  39. Decision of the European Central bank of 20 March 2003 on the denominations, specifications, reproduction, exchange and withdrawal of euro banknotes (ECB/2003/4). Diario Oficial da Unión Europea. 25 de marzo de 2003.
  40. Murdoch, Steven. "Software Detection of Currency".
  41. "El Eurosistema introduce la segunda serie de billetes en euros – la serie «europa»". Banco Central Europeo.
  42. "Billetes y monedas en pesetas: los últimos billetes emitidos". Banco de España.
  43. Gerstetter, Reinhold. "Trajes nuevos para el euro Arquivado 10 de agosto de 2018 en Wayback Machine.". En Billetería. Nº 10. Banco de España. Páxina 21.
  44. Sileitsch, Hermann. "Euro-Serie 2.0 in den Startlöchern". En Wiener Zeitung. 8 de setembro de 2010.
  45. "El nuevo billete de 5 euros lleva 9 acrónimos del Banco Central, en vez de los 5 anteriores". En Mundiario. 18 de xuño de 2013.
  46. "BCE: La Banke centrale européenne".
  47. "BCE: An Banc Ceannais Eorpach".
  48. "BCE: La Banca centrale europea".
  49. "BCE: O Banco Central Europeu".
  50. "BCE: Banca Centrală Europeană".
  51. "BCE: El Banco Central Europeo".
  52. "ECB: Evropská centrální banka"
  53. "ECB: Den Europæiske Centralbank".
  54. "ECB: De Europese Centrale Bank".
  55. "ECB: The European Central Bank".
  56. "ECB: Eiropas Centrālā banka".
  57. "ECB: Europos Centrinis Bankas".
  58. "ECB: Európska centrálna banka".
  59. "ECB: Evropska centralna banka".
  60. "ECB: Europeiska centralbanken".
  61. "ЕЦБ: Европейската централна банка".
  62. "EZB: Die Europäische Zentralbank".
  63. "EKP: Euroopa Keskpank".
  64. "EKP: Euroopan keskuspankki".
  65. "ΕΚΤ: H Ευρωπαϊκή Κεντρική Τράπεζα".
  66. "ESB: Europska središnja banka".
  67. "EKB: Európai Központi Bank".
  68. "BĊE: Bank Ċentrali Ewropew".
  69. "EBC: Europejski Bank Centralny".
  70. "Qui est la princesse Europe des billets de 20 € ?". En Ouest France. 17 de decembro de 2015.
  71. Arrizabalaga, M. "Así es el nuevo billete de 50 euros que rapta a Europa". En ABC. 4 de abril de 2017.
  72. "De nouveaux billets de 5 euros pour lutter contre la contrefaçon Arquivado 14 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". En La Revue Internationale. 9 de novembro de 2012.
  73. "El Eurosistema introducirá el nuevo billete de 10€ en 2014 con el apoyo del programa de colaboración". Banco Central Europeo.
  74. "Nuevos billetes de 100 y 200 euros entrarán en circulación el 28 de mayo 2019". En EFE. 17 bde setembro de 2018.
  75. "Los billetes de 500 euros dejarán de emitirse a finales de 2018". En Expansión. 3 de maio de 2016.
  76. "Descubra el nuevo billete de 5 euros". Banco Central Europeo.
  77. Bouilhet, A. "De nouveaux billets en euros à l'effigie de la déesse Europe". En Le Figaro. 9 de novembro de 2012.
  78. "¿Qué validez tienen los billetes de euro de la serie antigua?". En Cambioeurodolar.com. 29 de agosto de 2017
  79. "Billetes: denominaciones". Banco Central Europeo.
  80. Casal, César. "A firma dos billetes Arquivado 14 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". En La Voz de Galicia. 4 de marzo de 2015.
  81. "Número de serie de los billetes de la serie Europa". En Elementos de diseño[Ligazón morta]. Banco Central Europeo.
  82. "Provenance des billets en Eeuro. La série « Europe » et la suppression du code pays Arquivado 06 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". En Wiki-Finance.
  83. "¿Sabes de dónde vienen los billetes que llevas en la cartera?". En ABC. 7 de decembro de 2017.
  84. "Where is the Euro being printed? In which countries?". En Quora.com.
  85. "Información semestral sobre la falsificación del euro". Banco Central Europeo. 16 de xaneiro de 2012.
  86. "Elementos de seguridad". Banco Central Europeo.
  87. "Personas con problemas de visión". Banco Central Europeo.
  88. "La princesa Europa será la protagonista de los nuevos billetes en euros". En El País. 8 de novembro de 2012.
  89. "Greece presses demand for one-euro notes". En EUBusiness.com. 27 de marzo de 2007.
  90. Serhani, S. "Adopteriez-vous le billet de 1 euro? Arquivado 28 de xuño de 2018 en Wayback Machine.". En L'Expres. 26 de xaneiro de 2010.
  91. "Declaración del Parlamento Europeo sobre la emisión de billetes de 1 y 2 euros". Parlamento Europeo. 25 de outubro de 2005.
  92. "El parlamento solicita la emisión de billetes de 1 y 2 euros". Parlamento Europeo. 26 de outubro de 2015.
  93. Justo, David. "Alemania lanza el billete de 0 euros". Cadena Ser. 27 de xuño de 2017.
  94. "“Zero euro” banknote creator Richard FAILLE strikes again!". En Numismag.com. 25 de xuño de 2017.
  95. Reig López, Paula. "El billete legal de cero euros que cuesta 2,5 y que arrasa en ventas". En BBVA.com.
  96. "What is the Highest value banknote in current general circulation in the world?". En Answers.com.
  97. McLean, R. "One in four €500 bills are in Spain. Why? Crime might be the answer". En The New York Times. 19 de abril de 2006.
  98. "El 75% del efectivo que circula en España son billetes de 500 euros". En ABC. 10 de agosto de 2016.
  99. Casciani, D. "Organised crime fears cause ban on 500 euro note sales". En BBC News. 13 de maio de 2010.
  100. "Des propositions pour renforcer la lutte contre le blanchiment et les flux financiers illicites". Portal económico do Goberno de Francia.
  101. "El BCE pone fin a la producción y la emisión del billete de 500€". Banco Central Europeo.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar