Bill Conti

compositor estadounidense

William "Bill" Conti, nado o 13 de abril de 1942 en Providence, Rhode Island, é un compositor e director de orquestra estadounidense,[1] coñecido principalmente polas súas composicións para producións audiovisuais.

Bill Conti
Nome completoWilliam Conti
Data nacemento13 de abril de 1942
Nado enProvidence
Ocupacióncompositor, director de orquestra e compositor de bandas sonoras
Na rede
IMDB: nm0006015 Allocine: 38031 Allmovie: p85737 TCM: 38220 TV.com: people/bill-conti IBDB: 496498
Twitter: billyconti Spotify: 272ygo5fv9cYsiCLcV0HV2 Musicbrainz: 631e2d6a-16ac-4c49-89ac-987dc81e60e9 Discogs: 164259 Allmusic: mn0000057835 Deezer: 4645 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Bill Conti compuxo bandas sonoras de películas como Rocky (e catro das súas secuelas), The Karate Kid (e todas elas as súas secuelas), For Your Eyes Only, He-Man and the Masters of The Universe, The Big Chill ou The Right Stuff, entre outras, que gañou un Oscar á mellor banda sonora orixinal.

Recibiu nomeamentos na categoría de mellor canción orixinal por "Gonna Fly Now" de Rocky e a canción principal de Só para os teus ollos. Tamén fixo sintonías para series como Dinastía (Dynasty).

Foi director musical dos Oscars dezanove veces.

Premios e Honras editar

Oscar editar

Conti foi nomeado tres veces aos premios da Academia, gañando un na categoría de mellor banda sonora orixinal por The Right Stuff .[2] Tamén recibiu nomeamentos na categoría de mellor canción orixinal por " Gonna Fly Now " de Rocky e a canción principal de For Your Eyes Only.

Globos de Ouro editar

Tivo tres nomeamentos aos Globos de Ouro; dous á mellor banda sonora orixinal para Rocky e One Woman, e unha á mellor banda sonora orixinal para a canción principal de For Your Eyes Only.

Emmy editar

Conti tamén recibiu trece nomeamentos aos Emmy, todas menos unha polo seu papel de director musical nos Premios da Academia (a excepción, o seu primeiro nomeamento, foi pola súa música para a serie de 1985 North and South). Gañou cinco premios Emmy á mellor dirección musical nas cerimonias 64ª, 70ª e 75ª dos premios da Academia.[3]

O 22 de abril de 2008, no LSU Union Theatre da Universidade Estatal de Luisiana, Conti foi incluído no Louisiana Music Hall of Fame.

Notas editar

  1. Colin Larkin, ed. (1997). The Virgin Encyclopedia of Popular Music. pp. 297/8. ISBN 1-85227-745-9. 
  2. "The 56th Academy Awards (1984) Nominees and Winners". Consultado o 11 de agosto de 2014. 
  3. "Awards Search". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2014. 

Véxase tamén editar

----

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.