Abrir o menú principal

Betty Missiego

cantante española

Teresa Beatriz Missiego Campos, nada en Lima o 16 de xaneiro de 1938, coñecida como Betty Missiego, é unha cantante peruana que posúe ademais a nacionalidade española.

Betty Missiego
Nome completoTeresa Beatriz Missiego Campos
Nacemento16 de xaneiro de 1938 (81 anos)
OrixeLima, Perú Flag of Peru.svg
OcupaciónCantante
XéneroFolk, Pop, Bolero
Instrumento(s)Voz
Tempo en activoDesde 1968
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

No seu país natal empeza a súa carreira artística como bailarina, pero tívoa que abandonar por unha lesión. Seguiu no mundo artístico, máis concretamente presentando un programa de televisión que lle deu enorme popularidade.

En 1968 trasládase a vivir a España onde empeza a súa carreira como cantante. Conseguiu a nacionalidade española en 1972, sen renunciar á peruana. Betty, que se dedicou á canción folklórica, pasou ao pop.

En 1972 representou ao Perú no primeiro Festival da OTI celebrado no Auditorio do Palacio de Congresos e Exposicións de Madrid o sábado 25 de novembro de 1972 coa canción "Recuerdos de un adiós" da que é autora.

En 1979 representou a España no 24º Festival de Eurovisión celebrado o 31 de marzo de 1979 en Xerusalén (Israel) coa canción "Su canción". Foi un gran éxito quedando segunda só por detrás dos representantes de Israel Gali Atari e Milk & Honey coa canción Hallelujah. A súa participación foi moi anecdótica porque, separadamente de incluír nenos nos coros, na última votación, que correspondía a España, esta gañaba por 1 punto a Israel ata que o xurado español concedeu 10 puntos aos israelís e gañaron en detrimento de Betty. Isto provocou que se corresen rumores de que o xurado español votou a Israel para non organizar Eurovisión ao ano seguinte en España, aínda que non era certo, pois os votos decídense antes de que empecen as votacións e non se poden cambiar en función de como vaia o cómputo a medida que se desvelan os puntos.

Tamén participou no World Popular Festival de Toquio e na Olimpiada de Música de París. Betty tivo numerosos éxitos desde entón como "La cita", "Tengo la piel cansada de la tarde", "Yo te quiero a ti", "Te amaré de mil maneras", "El vaivén", "Palabras viejas" ou "El aguador" entre outros. Na presente década participou no espectáculo "Estrellas de siempre" xunto a outros artistas, en homenaxe a Cecilia e Nino Bravo.

Está casada co compositor Fernando Moreno Medina, co que tivo catro fillos: Carlos, Claudio, Joaquín e Fernando. En febreiro de 2012 falece o seu fillo menor Fernando, nun accidente de moto.[1]

DiscografíaEditar

Sinxelos seleccionadosEditar

  • 1969 El aguador (EP)
  • 1970 Tengo la piel cansada de la tarde
  • 1971 Yo te quiero a ti
  • 1971 No somos nada
  • 1971 Estos ojos, estas manos
  • 1971 Tres notas
  • 1971 La cita
  • 1971 Recuerdos de un adiós
  • 1976 Piel de diciembre
  • 1977 Tener un hijo tuyo
  • 1978 Tu primera entrega
  • 1978 Todo comenzó
  • 1979 Su canción
  • 1979 Der mann im mond/Rosen im südwind
  • 1979 Y serás mujer
  • 1980 Nostalgia
  • 1980 Guadiana 23
  • 1989 Yo quiero a un hombre andaluz
  • 1989 Vaya por Dios
  • 1990 Quién
  • 1993 Gaviota peregrina
  • 1999 Acumuchadaye

Álbums seleccionadosEditar

  • 1971 La cita
  • 1973 Vengo de allí
  • 1976 Rosas y azahar
  • 1975 La Infinita
  • 1977 Ella es sensibilidad
  • 1977 Betty Missiego
  • 1979 Su canción
  • 1979 Betty Missiego: Representante de España en Eurovisión
  • 1979 La Cita
  • 1980 Tan sólo una mujer
  • 1980 Mi tierra
  • 1980 Y serás mujer
  • 1983 De mi para ti
  • 1985 Lo mejor de Betty Missiego
  • 1989 Yo quiero a un hombre andaluz (sevillanas)
  • 1991 Inolvidable
  • 1993 De oro
  • 1999 In black
  • 2005 Estrellas de siempre (varios artistas)
  • Betty Missiego: Sus primeros años (1976-1980) 2 CD (Recopilación)
  • Betty Missiego 20 Grandes Éxitos (Recopilación)

NotasEditar

Predecesor:
"Bailemos un vals"
José Vélez
 
España no Festival de Eurovisión

1979
Sucesor:
"Quédate esta noche"
Trigo Limpio