Elizabeth Alyse Cuthbert, nada en Merrylands (Nova Gales do Sur) o 20 de abril de 1938 e finada en Mandurah (Australia Occidental) o 6 de agosto de 2017, foi unha atleta australiana, cuádrupla campioa olímpica.[1] Foi alcumada "a rapaza de ouro" de Australia.[2] Durante a súa carreira, estableceu récords mundiais nos 60 metros, 100 yardas, 200 metros, 220 yardas e 440 yardas. Cuthbert tamén contribuíu a que os equipos de remudas australianos conseguisen vitorias nos 4×100 metros, 4×110 iardas, 4×200 metros e 4×220 iardas. Cuthbert tiña un estilo de carreira distintivo, cunha alta elevación do xeonllo e coa boca moi aberta.[3] Foi nomeada en 1998 Tesouro Nacional Australiano e foi incluída como lenda no Salón da Fama do Deporte de Australia en 1994 e no Salón da Fama de Atletismo en Australia en 2000.[4]

Betty Cuthbert
Nacemento20 de abril de 1938
Lugar de nacementoSydney
Falecemento6 de agosto de 2017
Lugar de falecementoMandurah
CausaEsclerose múltiple
NacionalidadeAustralia
Ocupaciónatleta e velocista
Premiosmembro da Orde do Imperio Británico, Victorian Honour Roll of Women, Australian National Living Treasure, IAAF Hall of Fame, Athletics Australia Hall of Fame, Companion of the Order of Australia e Member of the Order of Australia
Na rede
Discogs: 4701422 IAAF: 14430508 Olympic.org: betty-cuthbert WikiTree: Cuthbert-872 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Bety Cuthbert era filla de Leslie e Marion e tivo unha irmá xemelga[5] non idéntica, Marie 'Midge'. Tamén tivo outra irmá, Jean e un irmán, John.[6][7][8][9] Betty naceu vinte minutos antes de Marie.[10] Segundo Midge, as xemelgas non eran iguais, mais si moi especiais para a outra.[5] Filla de propietarios de viveiros, naceu en Merrylands, Nova Gales do Sur, e creceu no barrio de Ermington, en Sydney, onde asistiu á Ermington Public School.[11] Da súa educación, Cuthbert afirmou: "Os meus pais sempre me animaron e tiven unha boa vida na casa. Sempre nos ensinaron a respectar as cousas e as demais persoas".[12]

Marion asistía á igrexa e enviou os seus catro fillos á escola dominical.[13] Cando era adolescente, Cuthbert asistiu á Parramatta Home Science School. Deixou a escola aos 16 anos para traballar na escola infantil familiar.[7]

Carreira atlética editar

 
Betty Cuthbert na final dos 100 metros nos Xogos Olímpicos de 1956

Cuthbert era membro do Western Suburbs Athletic Club.[1] Aos 18 anos, cos Xogos Olímpicos a piques de celebrarse en Melbourne, estableceu un récord mundial nos 200 metros, converténdose nunha das favoritas ao ouro nese evento. Cuthbert alcanzou primeiro a final dos 100 metros, marcando un récord olímpico de 11,4 segundos na súa serie (tamén a súa mellor marca persoal), mentres que a récord mundial australiana Shirley Strickland foi eliminada.

Cuthbert gañou a final e foi entón a gran favorita para o título dos 200 metros. Estivo á altura das expectativas e converteuse na "Golden Girl" australiana. A terceira medalla de ouro para Cuthbert chegou cando corría a última manga na final de 4×100 metros, que a selección australiana gañou establecendo un novo récord mundial.

Durante 1958 Cuthbert estableceu récords mundiais de 100 e 220 yardas, mais foi batida en ambas as probas pola súa rival e dobre medallista olímpica de bronce Marlene Mathews nos campionatos australianos. Máis tarde ese ano, nos Xogos do Imperio Británico e da Commonwealth de 1958 en Cardiff, Gales, Cuthbert só puido colocarse cuarta nas 100 iardas e segunda nas 220, de novo por detrás de Mathews.

Estableceu un récord mundial das 440 yardas, que foi batida en setembro de 1959 pola soviética Maria Itkina.[14]

Antes dos Xogos Olímpicos de 1960, en Roma, Cuthbert estableceu un récord mundial das 220 iardas e dos 200 metros con 23,2 segundos na vitoria nos campionatos australianos. Nos Xogos de Roma, sufriu unha lesión e foi eliminada dos cuartos de final dos 100 metros. Posteriormente, retirouse do atletismo.

Non obstante, a súa retirada non durou moito, xa que regresou aos Xogos do Imperio Británico e da Commonwealth de 1962 en Perth, axudando a Australia a conseguir unha medalla de ouro na proba de remudas.

Despois, concentrouse nos 400 metros, e competiu nesa proba nos Xogos Olímpicos de 1964 en Toquio, cando entrou no programa olímpico por primeira vez para as mulleres. A pesar de non facer series impresionantes, Cuthbert gañou a súa cuarta medalla de ouro olímpica, superando a Ann Packer de Gran Bretaña cun récord olímpico de 52,01.[15] É a única deportista olímpica que gañou unha medalla de ouro en todas as probas de sprint (100, 200 e 400 metros). Posteriormente, verificou definitivamente a súa retirada despois de Tokio. Tamén en 1964 recibiu o premio Helms polas súas contribucións deportivas.[16]

Foi adestrada por June Ferguson, que foi a súa profesora de educación física no instituto.[17][7]

Vida persoal editar

Cuthbert sufiru de esclerose múltiple dende 1969 e en 2002 tivo unha grave hemorraxia cerebral.[18] Ela afirmou que, a pesar da súa EM, nunca lle preguntou a Deus "Por que eu?", senón que pola contra "soubo que Deus quería usala para axudar outras persoas".[19] En 1985, Cuthbert volveu ao cristianismo aos 47 anos.[20] Sempre crendo que era cristiá, o orador nun mitin público dixo que había cristiáns practicantes presentes. Sentiuse entón obrigada a declarar publicamente a súa fe. A partir dese momento, Cuthbert intentou compartir o evanxeo coa maior cantidade de xente posible.[21] Non obstante, quixo ser curada inicialmente da súa EM e alguén animouna a ir á igrexa onde podería ser curada. Afirmou que foi, buscando ser sandada, no canto do Sandador. Segundo as súas propias palabras: "Descubrín o Sandador e logo non me importaría menos a sandación. Iso é o mellor. Quédame tanta ledicia e quero contalo a outras persoas. Penso que por iso tiña a intención de volver aos Xogos Olímpicos en 1964 porque agora son famosa e axúdame a falar á xente sobre Xesús".[22]

Despois do seu diagnóstico de esclerose múltiple, Cuthbert converteuse nunha defensora dedicada sobre a doenza e foi un factor importante na creación de MS Research Australia, asistindo á inauguración da organización en 2004 xunto ao entón primeiro ministro John Howard. Foi unha incansable defensora da conciencia nacional sobre a doenza e trala súa morte en 2017 o director executivo de MS Research Australia, o doutor Matthew Miles, recoñeceu que tivo un incrible impacto no recoñecemento e comprensión australiana da EM.[23]

En 1991, Cuthbert deixou o seu estado natal, Nova Gales do Sur, e marchou a Australia Occidental, establecéndose en Mandurah.[24] Cuthbert foi unha das portadoras do facho olímpico na cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney. Sentada nunha cadeira de rodas e acompañada de Raelene Boyle, levou o facho olímpico no estadio, como un dos corredores do segmento final, antes do acendemento da chama olímpica por Cathy Freeman.[25]

Cuthbert morreu en 2017, aos 79 anos,[26][27] en Mandurah.[28] Nunca casou nin tivo fillos.[29] Rhonda Gillam, nai de tres fillos de 78 anos, dedicou os últimos 26 anos da súa vida a coidar a Cuthbert.[8] Gillam afirmou que a EM de Cuthbert tamén lle quitou a audición.[30] A irmá xemelga de Cuthbert, Midge Johnston, afirmou que Betty estivo loitando contra a demencia nos últimos anos, e preocupábaa que Betty non a lembrase. Porén, Betty sempre dicía "Midge, por suposto que te lembro".[31]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Betty Cuthbert". Sports Reference website. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  2. Goldstein, Richard (2017-08-06). "Betty Cuthbert, Australia's 'Golden Girl' of Track and Field, Dies at 79". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2017-08-09. 
  3. Gordon, Harry (2000). "Betty Cuthbert AM MBE". Athletics Australia Hall of Fame. Athletics Australia. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2009. Consultado o 9 de marzo de 2012. 
  4. "Betty Cuthbert". Sport Australia Hall of Fame. Sport Australia Hall of Fame. Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "Subscribe | theaustralian". www.theaustralian.com.au. Consultado o 2017-08-09. 
  6. "I Run Again". The Australian Women's Weekly 47 (14) (Australia). 5 de setembro de 1979. p. 16. Consultado o 8 de agosto de 2017 – vía National Library of Australia. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Lennon, Troy (7 de agosto de 2017). "Betty Cuthbert overcame injuries to come back and win a fourth gold medal". Daily Telegraph. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  8. 8,0 8,1 Dalton, Trent (9 de maio de 2015). "Betty Cuthbert, multiple sclerosis and the gift of Rhonda Gillam". Weekend Australian Magazine. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  9. Bartok, Di (21 de xuño de 2010). "Betty Cuthbert returns to Ermington for honour". Parramatta Advertiser. Consultado o 22 de marzo de 2012. 
  10. "Betty Cuthbert, 'Golden girl' who ran into the history books". The Sydney Morning Herald (en inglés). 2017-08-07. Consultado o 2017-08-07. 
  11. Anna (class 4S), Ermington Public School History Arquivado 24 de agosto de 2006 en Wayback Machine., Ermington Public School Website (consultado o 19 de xuño de 2006)
  12. "Person of Faith: Betty Cuthbert". christiantoday.com.au (en inglés). Consultado o 2017-08-12. 
  13. "Still running for God - creation.com". creation.com (en inglés). Consultado o 2017-08-07. 
  14. "Miss Cuthbert Loses Record". The Age. 15 de setembro de 1959. Consultado o 15 de agosto de 2011. 
  15. Progression of World best performances and official IAAF World Records. Mónaco: IAAF. 2003. 
  16. "Betty Cuthbert". sports-reference.com. Sports ReferenceLLC. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 12 de maio de 2015. 
  17. "June Ferguson". Athletics Australia Hall of Fame website. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  18. Goldstein, Richard (6 de agosto de 2017). "Betty Cuthbert, Australia's golden girl of track dies at 79". New York Times. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  19. FitzSimons, Peter (2017-08-07). "Happy and contented: Betty Cuthbert's humility outpaced her greatness". The Sydney Morning Herald (en inglés). Consultado o 2017-08-07. 
  20. "Betty Cuthbert Born Again Christian". The Australian. 7 de agosto de 2017. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  21. "TheGoal.com: Betty Cuthbert". www.thegoal.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2021. Consultado o 2017-08-12. 
  22. www.websterworld.com. "WebsterWorld – Online Encyclopedia – Australian Encyclopedia – World Encyclopedia – Education Resource – WebsterWorld". www.websterworld.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-12. 
  23. MS advocate
  24. Browne, Rachel (2017-08-07). "Australian Olympic legend Betty Cuthbert has died". The Examiner (en inglés). Consultado o 2017-08-07. 
  25. "Australian Olympic great Betty Cuthbert dies: reports". SBS News, AAP. 7 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. 
  26. "Olympic champion Betty Cuthbert dead at 79". Sydney Morning Herald. 7 de agosto de 2017. 
  27. "Betty Cuthbert offered state funeral". Shy News. 7 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  28. Browne, Rachel (2017-08-07). "Australian Olympic legend Betty Cuthbert has died". Daily Liberal (en inglés). Consultado o 2017-08-07. 
  29. "Suffering over, Betty Cuthbert leaves a golden legacy". The West Australian (en inglés). 2017-08-08. Consultado o 2017-08-09. 
  30. "Cuthbert: Our greatest athlete?". Consultado o 2017-08-07. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar