Bertil Ohlin, nado en Klippan, Kristianstad, Suecia o 23 de abril de 1899 e finado en Estocolmo, Suecia o 3 de agosto de 1979, foi un economista sueco. Gañador do Premio Nobel de Economía en 1977 polas súas achegas teóricas ao comercio e as finanzas internacionais. O seu nome asóciase ao modelo de comercio internacional coñecido como modelo Heckscher-Ohlin.

Bertil Ohlin
Nome de nacementoBertil Ohlin
Nacemento23 de abril de 1899
Lugar de nacementoKristianstad, Suecia
Falecemento3 de agosto de 1979, (80 anos)
Lugar de falecementoEstocolmo, Suecia
SoterradoCemitério do Norte
Nacionalidadesueco
Alma máterUniversidade de Lund, Universidade Harvard, Stockholm School of Economics, Universidade de Estocolmo e Lund School of Economics and Management
Ocupaciónprofesor, economista
PaiElis Ohlin
CónxuxeEvy Ohlin
FillosAnne Wibble e Tomas Ohlin
PremiosPremio Nobel de Economía, Comandante da Grã-Cruz da Ordem da Estrela Polar, doutor honoris causa e Fellow of the Econometric Society
Na rede
Discogs: 4162767 Find a Grave: 221087734 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Interregional and international trade, 1933

Foi profesor da universidade de Copenhague e da de Estocolmo. Tamén foi dirixente do Partido Liberal e ministro de Comercio do Goberno sueco en 1944-45. No seu libro "Interregional and international trade" ("Comercio interrexional e internacional"), reelaborou un teorema de Hescksher, que era unha modificación da teoría dos custos comparativos, no que afirmaba que cada nación se especializa na exportación dos bens nos que está mellor dotada desde o punto de vista dos factores de produción utilizados.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.